RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Inaugurada en Betanzos a peña deportivista Óscar Gilsanz

DÉPOR · 9 MAIO 2025

INAUGURADA EN BETANZOS A PEÑA DEPORTIVISTA ÓSCAR GILSANZ

Óscar Gilsanz, técnico do Dépor, conta cunha peña deportivista co seu nome na súa localidade natal, Betanzos.Con sede na cafetaría Lanzós e presidida por Diego Vázquez Carro, ademais do preparador branquiazul asistiron os futbolistas Diego Gómez, Vera Martínez e Samara Ortiz."Este tipo de recoñecementos, sobre todo cando se fan en casa, fanche sentir orgulloso e satisfeito da xente que che acompaña no día a día desde hai moitos anos. Rodeado da miña familia, dos meus amigos e dos meus veciños foi un momento bonito para min", comentou o propio Óscar Gilsanz.