
DÉPOR ABANCA · 23 XUÑO 2025
INÊS PEREIRA FOI TITULAR NO AMIGABLE DE PORTUGAL ANTE NIXERIA PREVIO Á EUROCOPA DE SUÍZA
-Foto:Inês Pereira xogará con Portugal o próximo Campionato de Europa 2025 que se disputa este próximo mes de xullo en Suíza.A gardameta ve recompesado así a súa gran temporada en Liga F co Dépor ABANCA.A selección portuguesa, que se concentrou o pasado 16 de xuño, xogou un amigable de preparación este martes 23 de xuño no Estadio Jose Gomes de Amadora ante Nixeria.A futbolista branquiazul estivo os 90 minutos sobre o céspede nun partido que finalizou con empate sen goles (0-0).Portugal quedou encadrada na Primera Fase no grupo B con España, Bélxica e Italia como rivais.O calendario de partidos é o seguinte:Xoves 3 de xullo21:00: ESPAÑA - PORTUGAL, no Stadion Wankdorf de BernaLuns 7 de xullo21:00: PORTUGAL - ITALIA, no Stade de Genève de GinebraVenres 11 de xullo21:00: PORTUGAL - BÉLXICA, no Stade de Tourbillon de SionOs dous primeiros pasan a cuartos de final, que arrincarán o 16 de xullo.

Germán Parreño amplía o seu vínculo co Dépor ata 2028

Resultados do sábado 6 de xuño en ANOSACANTEIRA; e calendario...

O concello de Outes retoma o seu DéporCampus este 2026 coa sú...

Desde ABANCA-RIAZOR até Cuatro Caminos: así vivimos a celebra...

Escudero, Cristian Herrera, 'Stoichkov', Mulattieri e Gragera...

Espe Pizarro e Uruguai non poden coa potente Colombia