RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Juan Carlos Valerón asegura que ANOSAFORZA "vai axudar moito ao Club a que poida conseguir ese gran obxectivo de volver á elite"

DÉPOR · 12 XANEIRO 2026

JUAN CARLOS VALERÓN ASEGURA QUE ANOSAFORZA "VAI AXUDAR MOITO AO CLUB A QUE POIDA CONSEGUIR ESE GRAN OBXECTIVO DE VOLVER Á ELITE"

Unha lenda no campo e fóra del. Juan Carlos Valerón, referente histórico do fútbol español e eterno ídolo do RC Deportivo, non quixo perderse o encontro da pasada fin de semana no Estadio Gran Canaria. A súa presenza na bancada encheu de emoción aos afeccionados, lembrando a todos por que o seu fútbol e o seu compromiso co deporte transcenden xeracións.Tivo a oportunidade de achegarse ao vestiario, charlar con Antonio Hidalgo e Fernando Soriano; ademais de fundirse nun emotivo abrazo co seu paisano Yeremay nunha imaxe que pasou xa a formar parte da historia do Club.Juan Carlos Valerón cualificou o duelo entre o Dépor e a UD Las Palmas como "emotivo" e desexou "que ambos cheguen ao final de liga con opcións de ascender a Primera estes dous equipos tan históricos e tan bonitos".O que fóra gran mediapunta deportivista e adestrador de ANOSACANTEIRA confesa que leva á xente da Coruña "no corazón. Iso xa até a morte".Valerón quere precisamente aos afeccionados "darlle as grazas por todo o agarimo que me dan e darlle o parabén porque sempre me din os de fóra 'é incrible a afección do Dépor, como están aí animando'. É moi importante e vai axudar moito ao Club a que poida conseguir ese gran obxectivo de volver á elite".Máis que un ex xogador, o 'Flaco' é un símbolo de entrega, talento e elegancia que segue inspirando a novas xeracións dentro e fóra do campo.