
DÉPOR ABANCA · 12 MAIO 2026
A DEPORTIVISTA MARISA, CITADA PARA UNS ADESTRAMENTOS COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-20 ESTE MES DE MAIO
María Luisa García Antolín (Madrid, 22 de xuño de 2006), coñecida futbolisticamente como Marisa García, repite convocatoria coa selección española sub-20.Neste caso, o motivo son uns adestramentos na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid), do luns 18 ao mércores 20 de maio.Este combinado nacional continúa a preparar o Mundial da categoría, que se celebrará en Polonia do 5 ao 27 de setembro.Marisa xa participou con España sub-20 a finais de febreiro nunha concentración en Alfaz del Pi con tres amigables incluídos ante Inglaterra, México e Países Baixos.De feito, no primeiro encontro ante as inglesas a dianteira deportivista marcou un gol aos 3 minutos de xogo.Na súa primeira temporada no Dépor ABANCA, Marisa participou en 25 partidos, 11 deles como titular, e anotou 2 goles.

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...