
FUNDACIÓN · 6 NOVEMBRO 2025
LISTAXE DE PARTICIPANTES NA BANCADA SOLIDARIA DO DÉPOR - CULTURAL LEONESA
A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do Deportivo deste sábado 8 de novembro (18:30) fronte á Cultural Leonesa, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: Hogar Sor Eusebia, Residencia PP. MM Palas de Rei, Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos, Asociación de Persoas Xordas da Coruña, ASEM Galicia (Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares), Asociación Antonio Noche, ACCEM (Asociación de Axuda ás Persoas en Exclusión Social), Asociación Misela (Asociación de Persoas con Discapacidade da Ría de Muros e Noia), Asociación Dignidad Galicia e Hogar Si.Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta .

Massimo Adalberto Benassi: "Imos aceptar sempre o erro do árb...

Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos,...

Resultados deste venres 1 de maio nos torneos amigables; e ca...

Os Nosos regresan o luns 4 de maio ao Dépor Training Center

O Dépor vence ao CD Leganés cun gran gol de Noé na recta fina...

Triunfo do Orzán SD Xuvenil para deixar case amarrada a perma...