
FUNDACIÓN · 6 XULLO 2026
OS DÉPORCAMPUS CHEGAN AOS 600 NENOS E NENAS NA SÚA TERCEIRA SEMANA DE ACTIVIDADE
Os DéporCampus inician este luns 6 de xullo a súa terceira semana de actividade cun récord de participación. Un total de 600 nenos e nenas gozarán durante os vindeiros días dunha nova experiencia na que o fútbol, o compañeirismo e os valores que identifican ao RC Deportivo volverán ser os grandes protagonistas.As sedes son o Dépor Training Center, que afronta xa a súa 3ª semana de actividade, ademais de Monforte, Santa Comba, Caranza (2ª semana), o Colexio Internacional Eirís e o Colexio Santa María del Mar.Ao longo da semana, as e os participantes compartirán adestramentos, farán novas amizades e seguirán desenvolvendo valores como o traballo en equipo, o esforzo, a superación e o respecto, sempre a través da práctica do fútbol e baixo a metodoloxía do RC Deportivo.Verán tras verán, os DéporCampus seguen consolidándose como unha referencia para centos de familias, ofrecendo moito máis ca unha actividade deportiva. Son un espazo onde se crean recordos imborrables, se fortalecen amizades e se transmite o sentimento deportivista ás novas xeracións, convertendo cada xornada nunha experiencia única dentro e fóra do terreo de xogo.De novo as e os futbolistas da canteira foron protagonistas na clausura da 2ª semana, o pasado venres.Así, Mardones, Yago Trigo e Manu Ferreiro visitaron a sede do Dépor Training Center (na foto principal da nova); Rubén Trillo a de Cee (na foto entre o texto); e David Vergara e Sara Cercido a de Caranza (na foto inferior).As e os adestradores de ANOSACANTEIRA implantan a metodoloxía de adestramento que os equipos de ANOSACANTEIRA realizan no Dépor Training Center.Así, as e os participantes realizan:-Circuitos coordinativos.-Xogos de relación con balón.-Habilidade con balón.-Desafíos técnicos.-Xogos de posición.-Partidos reducidos ou minipartidos.-Xogo real cunha liga interna.Os obxectivos marcados son os seguintes:-Aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co corpo.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co balón.-Traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica.-Competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos.-Transmitir os valores que representa o Dépor: RESPECTO, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XOGO LIMPO, INTEGRACIÓN, ESFORZO E FELICIDADE.

Últimas horas para inscribirse nas sedes da 4ª semanaEste martes 7 de xullo ás 14:00 conclúe o prazo para apuntarse en Boiro, Vilalba e Silleda. As sedes de Bertamiráns e o Dépor Training Center teñen as súas prazas esgotadas.Tamén están abertas as sedes de Cedeira, Cuntis, Villa de Marín e Zas.Toda a información sobre cada sede, cada quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase premendo aquí, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto, que tamén se pode establecer a través de [email protected].CalendarioNa 4ª semana, do 13 ao 17 de xullo, as sedes serán Bertamiráns, Boiro, Vilalba e Silleda.Na 5ª semana, do 20 ao 24 de xullo, o campus chegará a Zas e Cuntis.Finalmente, na 6ª semana, do 27 ao 31 de xullo, as actividades desenvolveranse en Cedeira e Marín.As novidades nas sedes do Dépor Training Center, en funcionamento as 6 semanas, e o Colexio Santa María do Mar este ano 2026 será que contan con servizo de madrugadores.


O RC Deportivo celebra a segunda xuntanza do Foro Social co n...

Os Nosos encaran a súa primeira semana de traballo desde este...

Segundo amigable confirmado do Fabril, o sábado 1 de agosto a...

Vega Montesinos, polivalencia para o carril zurdo do Dépor AB...

O Dépor e BMW unen os seus camiños ata 2028 nunha alianza est...

Este luns 6 de xullo arrinca o Dépor 2026-27 coas probas médi...