
DÉPOR FABRIL · 15 XANEIRO 2026
MANUEL PABLO: "A NÓS GÚSTANOS VERNOS AHI ARRIBA PERO SEN ESQUECERNOS DO QUE ESTAMOS A BUSCAR, A FORMACIÓN"
Manuel Pablo non ocultou na sala de prensa do Dépor Training Center que os seus xogadores, líderes da Segunda Federación neste inicio da segunda volta do campionato, "están moi ilusionados. Loxicamente a nós gústanos vernos ahi arriba pero sen esquecernos do que estamos a buscar, a formación".Neste sentido, reitera que "a competición é unha gran parte da formación pero tampouco podemos centralo todo niso porque hai outros aspectos tácticos, técnicos, de constancia, de actitude que non podemos esquecer".O técnico deportivista insiste en que "é mellor mirar sempre cara a adiante e cando esteas noutra posición buscarás solucións. Trabállase mellor cando as cousas van saíndo, cando tentas ser reconocible e os xogadores síganche".Do UP Langreo, rival este domingo 18 de xaneiro ás 17:00 no Nuevo Ganzábal, advirte que "cambiaron de adestrador (o ex deportivista Manel Menéndez relevou a Pablo Acebal). Imos non sabendo como poden dispor o campo. É nun campo no que a afección aperta forte", apostila.

Resultados desta fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo...

Resultados deste sábado 19 en ANOSACANTEIRA e calendario dest...

O Dépor ABANCA B, moi superior ao Real Racing Club

Marisa García e Ainoa Gómez xa están nas semifinais do Mundia...

"Hai que estar preparados para sufrir", advirte Antonio Hidal...

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor...