RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados deste sábado 19 en ANOSACANTEIRA e calendario deste domingo 20, co Fabril en Lezama e con derbi en Vigo na División de Honor xuvenil

CANTERA · 19 SETEMBRO 2026

RESULTADOS DESTE SÁBADO 19 EN ANOSACANTEIRA E CALENDARIO DESTE DOMINGO 20, CO FABRIL EN LEZAMA E CON DERBI EN VIGO NA DIVISIÓN DE HONOR XUVENIL

Esta fin de semana sobresaen 2 partidos en ANOSACANTEIRA, ambos o domingo 20 de setembro.En Lezama, o Fabril mídese ao Athletic Club B ás 12:00 (Fan Play TV).Os branquivermellos suman 7 puntos polos 4 dos fabrilistas, que lograron a pasada fin de semana ante a SD Ponferradina en ABANCA-RIAZOR o seu primeiro triunfo na liga.Manuel Pablo advertiu na sala de prensa que o conxunto vasco "está facendo as cousas moi ben. Xoga moi ben ao fútbol”.Seguen de baixa no Fabril Noé, Damián Canedo, Dipanda, Jairo, Manu Ferreiro e Manu Serrano.Á mesma hora en A Madroa mídense os dous máximos aspirantes ao título da División de Honor xuvenil, o RC Celta e o Dépor de Miguel Figueira.Completa a xornada dominical o Infantil - Atlético Coruña Montañeros CF, ás 11:00 no Dépor Training Center; ademais do inicio da liga en Primera Futgal de fútbol 7 para os alevíns e benxamíns.Este sábado 19 de setembro disputáronse 4 encontros de liga.Na casa, o Xuvenil B (na foto principal da noticia) venceu o CD Boiro (4-0) e o San Tirso SD Cadete empatou co Bergantiños CF (1-1).Fóra, o Cadete superou o Victoria CF (1-5) e o San Tirso SD Infantil, ao Ural Español CF (0-3).Finalmente, o Benxamín A proclamouse campión do Torneo Internacional CD Arcade e o Fabril FC Benxamín, do Torneo de Fútbol Base Concello de Valadouro; mentres que o Alevín A colgou a medalla de prata na Galo Cup en Vila de Cruces.

cadete0920.jpg

O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera Federación4ª xornada: ATHLETIC CLUB B - FABRIL, o domingo 20 de setembro ás 12:00 en LezamaCategoría xuvenilDivisión de Honor, 3ª xornada: RC CELTA - XUVENIL A, o domingo 20 de setembro ás 12:00 na MadroaLiga Nacional, 3ª xornada: XUVENIL B 4 (Gael -2-, Gabri e Iago Varela) - CD BOIRO 0Categoría cadeteDivisión de Honor, 2ª xornada: VICTORIA CF 1 - CADETE 5 (Íker Obeso, Hugo Fernández, Hugo Caridad -2- e Diego Cabana)División de Honor, 2ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Manu Sande) - BERGANTIÑOS CF 1Categoría infantilDivisión de Honor, 2ª xornada: INFANTIL - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o domingo 20 de setembro ás 11:00 no Dépor Training CenterDivisión de Honor, 2 xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Enzo Fernández, Marco Cao e Mateo Songo'o)

santirsosdinfantil0920.jpg

Categoría alevín16ª Galo Cup en Vila de CrucesSábado 19 de setembroPrimera FaseALEVÍN A 1 (Joel Losada) - EDA ARZÚA 0ALEVÍN A 3 (Martín Martelo, Nico Castro e Mateo Pastorín) - FC PAÇOS DE FERREIRA 0EF LALÍN 0 - ALEVÍN A 3 (Pablo Martelo, Leo Barro e Manu Parada)ALEVÍN A 4 (Martín Coronel -2-, Leo Galván e César Leira) - RÁPIDO PEREIRÓ 0Cuartos de finalALEVÍN A 0 - SC BRAGA 0. Nos penaltis: 3-2SemifinaisALEVÍN A 1 (David Santiago) - FC PAÇOS DE FERREIRA 0FinalALEVÍN A 2 (Gael Fernández e Manu Parada) - RC CELTA 3Primera Futgal A Coruña, 1ª xornada: ALEVÍN A - SD SAN TIRSO, o domingo 20 de setembro ás 10:30 no Monte16ª Galo Cup en Vila de CrucesSábado 19 de setembroPrimera FaseFABRIL FC ALEVÍN 4 (Pablo Campanero -2-, Hugo Cancela e Leo Díaz) - ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE 0VITÓRIA SC 1 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Ian Lata)FABRIL FC ALEVÍN 9 (Pablo Campanero -3-, Hugo Rey -2-, Mateo Ramos -2-, Xosé Varela e Hugo Cancela) - SD CRUCES B 0RC CELTA 1 - FABRIL FC ALEVÍN 0Primera Futgal A Coruña, 1ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - URAL ESPAÑOL CF, o domingo 20 de setembro ás 10:00 na Torre (campo 1.2)Categoría benxamínTorneo Internacional CD ArcadeSábado 19 de setembroPrimera FaseBENXAMÍN A 2 (Jaime Fraga -2-) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1BENXAMÍN A 7 (Juan Crujeiras -2-, Óscar Lijó -2-, Tomás Lorenzo e Anxo Fernández -2-) - Arosa SC 0BENXAMÍN A 2 (Jaime Fraga e Óscar Lijó) - UD SANTA MARIÑA 0Cuartos de finalBENXAMÍN A 4 (Álex Martínez -2-, Jaime Fraga e Anxo Fernández) - BERTAMIRÁNS FC 0SemifinaisBENXAMÍN A 2 (Álex Martínez e Juan Crujeiras) - SD COMPOSTELA 2. Nos penaltis: 2-1FinalBENXAMÍN A 3 (Jaime Fraga, Álex Martínez e Óscar Lijó) - RC CELTA 3. Nos penaltis: 6-5Primera Futgal A Coruña, 1ª xornada: BENXAMÍN A - OLÍMPICO CF, o domingo 20 de setembro ás 11:00 na Torre (campo 1.2)Torneo de Fútbol Base Concello de Valadouro, no campo do O Árbol (Valadouro, Lugo)Sábado 19 de setembroPrimera FaseFABRIL FC BENXAMÍN 2 (Hugo Calvo, Martín Vázquez ) - OLÍMPICO CF 0FABRIL FC BENXAMÍN 10 (Hugo Calvo -2-, Anxo Vilar -2-, Mateo Álvarez -2-, René Grefa, Teo Barreiro, Xisco Muñoz e Hugo Fernández) - SD RIBADEO B 0FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Hugo Calvo e Xisco Muñoz) - SD SANTIAGO DE FOZ 0Oitavos de finalFABRIL FC BENXAMÍN 4 (René Grefa -2-, Hugo Calvo e Anxo Vilar) - CLUB MARISTAS 0Cuartos de finalFABRIL FC BENXAMÍN 2 (Hugo Clavo e Xisco Muñoz) - SD SANTIAGO DE FOZ 0SemifinaisFABRIL FC BENJAMÍN 5 (Hugo Fernandez -2-, Hugo Calvo, Anxo Vilar e René Grefa) - SD BURELA 0FinalFABRIL FC BENXAMÍN 5 (René Grefa -2-, Mateo Álvarez, Hugo Fernández e Theo Pena) - POLVORÍN FC 1Primera Futgal A Coruña, 1ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - URAL ESPAÑOL CF, o domingo 20 de setembro ás 10:00 na Torre (campo 1.1)

benjamina0920.jpg