RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
As Nosas, «confiadas en que imos facer un bo papel», visitan ao Granada CF este domingo 20 na procura da súa primeira vitoria na liga

DÉPOR ABANCA · 19 SETEMBRO 2026

AS NOSAS, «CONFIADAS EN QUE IMOS FACER UN BO PAPEL», VISITAN AO GRANADA CF ESTE DOMINGO 20 NA PROCURA DA SÚA PRIMEIRA VITORIA NA LIGA

O Dépor ABANCA visita o Granada CF este domingo 20 de setembro ás 12:00 (Dazn e RTVE Play) na Ciudad Deportiva del Granada CF, nun encontro correspondente á 3ª xornada da Liga F.As Nosas viaxaron este sábado 19 a primeira hora da mañá a Andalucía e adestráronse xa este mediodía nas instalacións Profutcamps de Cártama (Málaga), camiño de Granada.O conxunto deportivista chega ao encontro tras a derrota en ABANCA-RIAZOR por 0-2 ante o Real Madrid CF, con 1 punto e situado na 15ª posición da Liga F.En rolda de prensa, Alberto Rodríguez ve o seu equipo "ben, na liña de traballo das últimas semanas, confiadas en que imos facer un bo papel en Granada e conseguir a nosa primeira vitoria, porque ao final os puntos reforzan o traballo diario".É baixa Andrea Tarazona, que sufriu ante o Real Madrid CF unha fractura costal sen complicacións pleuropulmonares asociadas.O técnico deportivista confesa que a gardameta está "amolada. Cóllena nun bo momento de forma. É unha mágoa para ela, para a competencia na portería, para a Inês Pereira, para o grupo".Asegura que "está mellor, dentro do parte médico. Necesita descansar antes de poder iniciar o regreso ao traballo. Agardámola cos brazos abertos, igual que a calquera outra, para seguir aumentando a competencia do equipo".A outra ausencia por lesión é a de Eva Alonso, "que está a poucos días de iniciar o traballo de campo, aínda nunha fase previa ao traballo co equipo", segundo explicou o preparador deportivista.Finalmente, tampouco estarán en Granada Marisa e Ainoa Gómez, concentradas con España no Mundial sub-20.O encontro xogarase cunha temperatura superior aos 25 graos segundo as previsións metereolóxicas.Alberto Rodríguez lembra que "en Tenerife sufrimos unha situación similar, adaptámonos ben, non houbo pausa de hidratación. Adaptarémonos o máximo posible desde que cheguemos. É un condicionante máis, pero igual que noutros partidos. No inverno fará frío. Neste equipo non se poñen escusas para afrontar o partido centradas no mellor que podemos facer".Pola súa banda, o Granada CF é 10º na táboa con 3 puntos.No seu único partido disputado no seu campo, as andaluzas superaron por 3-2 a Real Sociedad.O seu técnico, Adri Martín, afirma que a semana foi "de moito crecemento. Fomos moi resilientes e traballamos moito nos erros que cometemos no último partido. A intentar corrixilos e a intentar dar a mellor imaxe ante o Dépor".Considera o Dépor ABANCA "un rival moi difícil. Vai ser un partido bastante disputado. Teñen procedementos moi marcados. É un equipo con moitísima mobilidade, coas ideas moi claras co balón, e vai requirir a nosa mellor versión tanto con balón como sen el".Finalizado o encontro, As Nosas emprenden a viaxe de regreso a A Coruña con esta folla de ruta:16:45: Saída en autobús cara ao Aeroporto de Málaga20:45: Saída do voo do Aeroporto de Málaga con destino a Santiago22:25 (horario aproximado): Chegada a Galicia