
DÉPOR · 19 SETEMBRO 2026
OS DESPACHOS DE BILLETES DO PALACIO DE LOS DEPORTES DE RIAZOR ABREN ESTE DOMINGO 20 DE SETEMBRO A PARTIR DAS 15:30
Este domingo 20 de setembro, día do partido ante o Real Betis en ABANCA-RIAZOR, abren os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor desde as 15:30 horas.Como o partido foi declarado de alto risco pola comisión estatal contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte, non haberá venda de entradas e só se atenderán incidencias. Ademais, as portas do estadio abrirán ás 17:00 horas.As entradas para o público pódense adquirir en calquera momento premendo nesta ligazón.Os prezos das localidades serán a partir de 60 euros, sempre suxeitos a cambios segundo a dispoñibilidade.Os/as Deportivistas e Deportivistas + teñen un 10% de desconto na compra de entradas.Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos no caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.

As Nosas, «confiadas en que imos facer un bo papel», visitan ...

Listaxe de dorsais do Dépor ABANCA para a temporada 2026-27

O Dépor recibe este domingo 20 de setembro a un Real Betis de...

Duelo de filiais este domingo 20 ás 12:00 en Lezama entre o A...

Marisa e Ainoa Gómez, que «están a facer un moi bo papel», en...

Manuel Pablo: "Esta categoría, aínda que lle gañásemos á SD P...