
DÉPOR · 19 SETEMBRO 2026
"HAI QUE ESTAR PREPARADOS PARA SUFRIR", ADVIRTE ANTONIO HIDALGO
Antonio Hidalgo subliñou este sábado 19 de setembro na sala de prensa do Dépor Training Center que as expectativas nesta temporada en LaLiga EA Sports pasan por "gañar cada partido. Cantos máis puntos sumemos, moitísimo mellor. Estou contento co rendemento do equipo. Temos que seguir mellorando e puíndo cousas. Temos que seguir nesta liña, mellorar tamén a solidez e seguir medrando".O técnico deportivista pide este domingo 20 de setembro ás 18:30 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR ante o Real Betis "facer un partido moi serio, moi sólido, tentar conceder o menos posible, facerlles dano co balón, ter o balón, esixirlles no traballo defensivo, estar atentos aos períodos de transición que teñen. Actívanse rapidísimo, teñen moitísima enerxía polas bandas".Conclúe que é necesario "facer o partido no que cremos, ao ritmo que queremos e que pasen moitas máis cousas das que temos na cabeza nós que das que ten Pellegrini".Engade que o equipo verdiblanco "leva moito peso do partido. Temos que estar axustados. Temos que ver por onde lles podemos facer dano, ter o balón, metelos no seu campo. En certas situacións eles tampouco se senten cómodos defendendo e temos que ter esa valentía de facerlles dano no último terzo", insiste.Finalmente Antonio Hidalgo advirte que "hai que estar preparados para sufrir, saber o partido que toca, o rival que vén. Vai haber momentos nos que vai tocar sufrir, vai haber momentos nos que imos ter que xuntarnos, ser sólidos".

Resultados deste sábado 19 en ANOSACANTEIRA e calendario dest...

O Dépor ABANCA B, moi superior ao Real Racing Club

Marisa García e Ainoa Gómez xa están nas semifinais do Mundia...

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor...

As Nosas, «confiadas en que imos facer un bo papel», visitan ...

Listaxe de dorsais do Dépor ABANCA para a temporada 2026-27