RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Marisa García e Ainoa Gómez xa están nas semifinais do Mundial sub-20

DÉPOR ABANCA · 19 SETEMBRO 2026

MARISA GARCÍA E AINOA GÓMEZ XA ESTÁN NAS SEMIFINAIS DO MUNDIAL SUB-20

Foto: RFEF.esA España sub-20 das deportivistas Marisa García e Ainoa Gómez enfrontouse este sábado 19 de setembro a Brasil nos cuartos de final do Mundial.O encontro concluíu con triunfo español por 0-1, cun gol de Pau Comendador no minuto 27.Nesta ocasión, Marisa saltou ao céspede no minuto 66 en substitución de Alba Cerrato, mentres que Ainoa Gómez seguiu o encontro desde o banco.O rival nas semifinais, o vindeiro mércores 23 de setembro ás 15:00, será Italia.Nos oitavos de final, España superou por 2-0 a Portugal cun gol de Marisa, o seu 4º no torneo, e con Ainoa Gómez tamén como titular.As dúas xogadoras do Dépor ABANCA participaron nos 3 encontros da Primera Fase. Saíron de inicio ante Nigeria e Nueva Caledonia, mentres que xogaron na segunda metade no terceiro encontro ante a República Popular China.O calendario de partidos do combinado español no Mundial, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera FaseLuns 7 de setembroESPAÑA 2 - NIXERIA 0Xoves 10 de setembroESPAÑA 11 - NUEVA CALEDONIA 0Domingo 13 de setembroREPÚBLICA POPULAR CHINA 1 - ESPAÑA 3Mércores 16 de setembroOitavos de finalESPAÑA 2 - PORTUGAL 0Sábado 19 de setembroCuartos de finalBRASIL 0 - ESPAÑA 1Mércores 23 de setembroSemifinais15:00: ITALIA - ESPAÑA, no Estadio Miejski LKS Lodz