
DÉPOR · 12 NOVEMBRO 2025
MARIO SORIANO: "SE TEMOS A PORTERÍA A CERO, ARRIBA TEMOS XOGADORES MOI BOS QUE EN CALQUERA XOGADA PODEN METER GOL"
Mario Soriano subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center após recoller o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do mes de outubro que a idea de xogo do Deportivo "está a ser a mesma, de querer ser dominadores nos partidos, de querer ser un equipo difícil defensivamente".Cre que "neses 5 partidos que non puidemos conseguir a vitoria o equipo se cadra non tiña ese equilibrio ofensivo e defensivo; e nestes 3 últimos partidos o equipo viuse máis implicado en todo. Defensivamente volvemos a ser sólidos e en ataque víronse moitas cousas boas que fixemos a principio de temporada".Do Córdoba CF, rival este domingo 16 de novembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL, TEN e Cayo TV) no Bahrein Victorious Nuevo Arcángel apunta que "vén nunha dinámica moi boa. Empezou cunha xeira mala pero xa están nunha dinámica moi boa. É un rival moi complicado, que vai querer apertarnos arriba, igualarnos, no seu campo apertan moitísimo. Temos que controlar o partido, ter paciencia e nos primeiros minutos ter tranquilidade porque van saír forte e apertar moito".Mario Soriano valora ademais o feito de non encaixar nos últimos 2 partidos porque "sabemos que se temos a portería a cero, arriba temos xogadores moi bos que en calquera xogada poden meter gol".Finalmente, o centrocampista madrileño opina que o choque en Córdoba "é un reto bonito, difícil. Se conseguimos os 3 puntos vai ser un bo golpe encima da mesa porque o Córdoba para min é un moi bo equipo. O míster teno moi traballado".

O Dépor ABANCA Alevín conclúe a primeira fase do Torneo LaLig...

Resultados deste venres en ANOSACANTEIRA; con triunfos do Ale...

Nsongo Bil, presente e futuro branquiazul ata 2030

A participación do Dépor ABANCA Alevín desde este venres 12 n...

O DéporCampus de Cee, nos renovados campos de Sampaio de Refo...

Nova semana de torneos en ANOSACANTEIRA e de entrega do trofe...