
DÉPOR · 19 XANEIRO 2025
MFULU RESALTA QUE "SUFRIMOS XUNTOS" E HELTON LEITE, QUE "TEMOS A SENSACIÓN DE QUE FIXEMOS AS COUSAS BEN"
Omenuke Mfulu e Helton Leite pasáronse pola zona mixta do estadio do Plantío.O mediocentro africano afirmou que o Dépor logrou "3 puntos importantes nun campo no que sempre é difícil sumar puntos. Estamos moi contentos".Resalta ademais que a dificultade aumentou ao estar unha parte do campo "conxelada. Non se podía correr e podíanse facer poucas cousas. Hai que adaptarse a todo o que hai pero foi un partido complicado".Mfulu sostén que "queriamos facer bo o empate da semana pasada en Málaga. Lográmolo, estamos contentos pero hai que seguir sumando, seguir gañando partidos".Finalmente subliña que "sufrimos xuntos, traballamos xuntos e logramos a vitoria".
Pola súa banda, Helton Leite confesa que "estamos moi contentos, moi felices pola vitoria. Xogar aquí é moi difícil, nun campo complicado, con boa afección. E hoxe o céspede un pouco conxelado. Xogamos moi ben e estamos felices por sumar os 3 puntos".O gardameta brasileiro insiste en estar satisfeito porque "gañamos e tamén deixamos a portería a cero. Hoxe temos a sensación de que fixemos as cousas ben".

O Dépor retoma os adestramentos sen fútbol ligueiro pero "coa...

Marisa García e Ainoa Gómez xóganse este mércores 23 ante Ita...

O RCD Espanyol, no horizonte dunha nova semana de competición...

A Fundación do RC Deportivo colabora coa Carrera de la Mujer ...

Primeira semana de parón ligueiro para Os Nosos, con "marxe d...

O Dépor xogará no Estadio Metropolitano ante o Atlético de Ma...