
JUVENIL A · 27 MAIO 2025
MIGUEL FIGUEIRA DESTACA QUE EN ANOSACANTEIRA "HAI MOITA XENTE TRABALLANDO DETRÁS. ESTÁ MOI BEN ESTRUTURADA. AS INSTALACIÓNS MESMO SE VAN A MELLORAR"
Miguel Figueira manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que en ANOSACANTEIRA "tanto Óscar (Gilsanz), como Manuel Pablo, como eu somos a cabeza visible pero aquí hai moita xente traballando detrás. Está moi ben estruturada. As instalacións mesmo se van a mellorar".Ademais, apunta que "cando vas a torneos internacionais, á Oviedo Cup por exemplo, saes vencedor. Cando vas a un torneo non é tanto formación senón máis unha competición porque queres chegar o máis lonxe. E ganas, ganas a rivais importantes españois, internacionais. E iso fai que os mozos estean máis preparados para saír a competir".En canto á semifinal da Copa de Campións deste xoves 29 de maio ás 20:00 horas () no Toralín de Ponferrada ante o Real Betis, desexa que "sexamos capaces de non deixarlles ter o dominio do partido e sexamos capaces de quitarlles o balón".Advirte que "imos ter que estar moi concentrados en calquera acción individual dos seus xogadores de mediocampo cara arriba. É un equipo talentoso, que xera moitas ocasións de gol durante o partidos pero nestes últimos partidos a UD Las Palmas fíxolles moitas ocasións e fíxolles goles".Así pois, quere "impor a nosa metodoloxía e ser capaces de quitarlles o balón".O técnico deportivista subliña que "a diferenza de nós que somos máis constante ao longo dos partidos, o Betis é un equipo de picos: pode estar a dominar durante 15 minutos, correndo durante 10 minutos, sufrindo sen balón porque se poden desestructurar. O que imos tentar explotar é o noso nivel medio de xogo. Temos claro que nun día moi, moi, bo do Betis é moi difícil frealos. Nalgúns aspectos parécense á nosa forma de xogar pero quizais é un equipo máis irregular. Creo que temos armas para facerlles dano. E niso estamos a traballar".Conclúe que "cantas máis cousas boas pasen no partido irá ao noso favor. Se o partido é irregular e non estamos cómodos, será favorable a eles".

O Dépor ABANCA Alevín conclúe a primeira fase do Torneo LaLig...

Resultados deste venres en ANOSACANTEIRA; con triunfos do Ale...

Nsongo Bil, presente e futuro branquiazul ata 2030

A participación do Dépor ABANCA Alevín desde este venres 12 n...

O DéporCampus de Cee, nos renovados campos de Sampaio de Refo...

Nova semana de torneos en ANOSACANTEIRA e de entrega do trofe...