RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Barça non deu opción ao Dépor ABANCA

DÉPOR ABANCA · 9 NOVEMBRO 2025

O BARÇA NON DEU OPCIÓN AO DÉPOR ABANCA

O Dépor ABANCA concluíu este domingo 9 de novembro con derrota (8-0) no Estadi Johan Cruyff ante o FC Barcelona unha esixente semana de tres partidos lonxe de ABANCA-RIAZOR.Así aos desgastes propios dos partidos houbo que sumar os case 7.850 quilómetros nas pernas das futbolistas.Con este resultado, As Nosas quedan con 7 puntos na 14ª posición.Causou baixa para o partido Paula Monteagudo debido a unha rotura do compoñente medial da fascia plantar do seu pé dereito.Michi Apóstol foi a representante de #ANOSACANTEIRA e tivo minutos de xogo na recta final.Pola súa banda, o Barça chegaba ao encontro após caer ante a Real Sociedad por 1-0 na súa primeira derrota a domicilio na competición doméstica desde o 21 maio 2023.Quedou ademais sen marcar por primeira vez desde o 25 de xaneiro de 2020, cando empatou (0-0) co Atlético de Madrid."Iso ponnos as cousas aínda máis difíciles", advertiu na rolda de prensa prepartido Fran Alonso. E non se equivocou.O partido arrincou con dominio azulgrana e un Deportivo ABANCA esperando en bloque baixo.Ainhoa Marín foi a referencia ofensiva buscando a súa rapidez.Aos 12 minutos, Vicky, que a pesar da súa mocidade cumpriu 100 partidos coa camiseta barcelonista, cabeceou no segundo pau un balón ao traveseiro da meta de Inês Pereira.Dous minutos máis tarde, MariNa Artero despexa cara á súa portería e Inês Pereira envía a saque de esquina con moitos apuros.No saque en curto, o balón chégalle a Vicky que, na frontal da área, mete o balón no recanto dereito da portería do Dépor ABANCA.O Barça abría así o marcador.Alexia lograba o segundo no minuto 18 cunha combinación entre Vicky e Aïcha que remata en solitario en boca de gol.De María León foi o terceiro do partido, de novo ao saque dun córner. A defensa azulgrana sorprendeu a Inês Pereira ao pau curto cando todos esperaban un centro.Case á media hora, Laia Aleixandri recibe na frontal da área e de disparo colocado, sobe o 4º ao marcador.Co partido sentenciado, seguiron as barcelonistas en busca de máis goles.María León sobe o 5º ao rematar un balón solto na área deportivista após o remate ao pau de Torrejón.O sexto foi obra de Pina após unha serie de paredes na frontal da área do Dépor ABANCA.Sen respiro, Inês Pereira fai unha gran parada a tiro axustado de Vicky de lonxe.Foi o preámbulo do 7º, obra de Sydney após un centro á área por banda esquerda de Ona Batlle.No desconto da primeira parte, Graham subiu o 8º ao adiantarse de cabeza nun balón dividido á saída de Inês Pereira.Con 8-0 chegouse ao descanso.Após o paso polos vestiarios, o Dépor ABANCA tapou espazos e o marcador xa non se moveu.Fran Alonso refrescou ao equipo coa entrada de futbolistas como Lía, Barth, Millene e Marisa.Co choque xa resolto na primeira metade, As Nosas polo menos foron capaces de taponar o caudal ofensivo dun rival que tamén moveu o seu banco.FC Barcelona: Cata Coll, María León (Paredes, min. 46), Aleixandri, Sydney, Marta, Pina (Pajor, min. 58), Graham (Serrajordi, min. 58), Alexia (Kika, min. 46), Vicky, O. Batlle (Carla Julià, min. 58) e AïchaDeportivo ABANCA: Inês Pereira, Samara, Vera, Marina Artero (Lía, min. 51), Elena (Barth, min. 51), Paula Novo, Raquel, Paula Gutiérrez, Olaya (Millene, min. 66), Bárbara (Marisa, min. 66) e Ainhoa Marín (Michi Apóstol, min. 80)Árbitra: Elisabeth Calvo Valentín, do comité madrileño. Amoestou a Paula Gutiérrez (min. 84) e Serrajordi (min. 90)Goles: 1-0 Vicky (min. 15); 2-0 Alexia (min. 18); 3-0 María Léon (min. 22); 4-0 Alexandri (min. 28); 5-0 María León (min. 31); 6-0 Pina (min. 35); 7-0 Sydney (min. 41); 8-0 Graham (min. 45+1)Incidencias: partido disputado no Estadio Johan Cruff correspondente á 10ª xornada en Liga F