
BENJAMÍN A · 3 MAIO 2025
O BENXAMÍN A PELEXARÁ ESTE DOMINGO 4 DE MAIO CO VILLARREAL CF POLA 5ª PRAZA DA TRES CANTOS CUP
Dous equipos de ANOSACANTEIRA teñen torneo amigable esta semana, o Benxamín A e o Fabril FC Benxamín.Ambos os conxuntos están á espera da súa participación na Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8.Este domingo 4 de maio ás 9:00, o Benxamín A pelexará co Villarreal CF pola 5ª praza da Tres Cantos Cup.Os branquiazuis quedaron hoxe sábado apeados en cuartos de final ao caer pola mínima (0-1) ante o RCD Espanyol.O pasado xoves, festividade do 1 de maio, a quenda foi para o Fabril FC Benxamín na 1ª edición do Torneo Cidade do Lérez no campo Manolo Barreiro.Superada a Primera Fase con 2 vitorias e 1 empate, os fabrilistas caeron na quenda de penaltis dos cuartos de final (2-3) ante o RC Celta, despois de que o tempo regulamentario finalizase con empate a un gol.O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Tres Cantos CupPrimera Fase, no campo de fútbol de ForestaVenres 2 de maioBENXAMÍN A 3 (Pablo Gómez -2- e Marco Dios) - RC ALCOBENDAS 0Sábado 3 de maioBENXAMÍN A 4 (Pablo Gómez, César Leira, Nico Castro e Gael Fernández) - CD PARQUESOL 1BENXAMÍN A 1 (Marco Dios) - EVERTON FC 0Oitavos de finalBENXAMÍN A 3 (Leo Galbán -2- e Brais Iglesias) - FRESNESS 0Cuartos de finalBENXAMÍN A 0 - RCD ESPANYOL 1Domingo 4 de maioPartido pola 5ª e 6ª praza9:00: BENXAMÍN A - VILLARREAL CF1º Torneo Cidade do Lérez, no campo Manolo BarreiroXoves 1 de maioPrimera FaseFABRIL FC BENXAMÍN 2 (Manu López e Xosé Varela) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Pablo Campanero e Hugo Cancela) - ALONDRAS CF 2FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Xosé Varela, Pablo Campanero e Nico Mariño) - EFB MOAÑESA 0Cuartos de finalFABRIL FC BENXAMÍN 1 (Tomás Sánchez) - RC CELTA 1. A penaltis: 2-3

A UD Carral, primeiro rival do Orzán SD Xuvenil na Primera Au...

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, con amigable do San ...

Massimo Adalberto Benassi fixa como obxectivo "conseguir outr...

Suave sesión de activación este martes para o Dépor no seu re...

Parte médico de Manu Serrano

O Dépor ABANCA - RCD Espanyol, fixado para o 27 de setembro á...