RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA B gana en Eibar e logra a permanencia matemática en Segunda Federación na súa primeira temporada na categoría

CANTERA · 19 ABRIL 2026

O DÉPOR ABANCA B GANA EN EIBAR E LOGRA A PERMANENCIA MATEMÁTICA EN SEGUNDA FEDERACIÓN NA SÚA PRIMEIRA TEMPORADA NA CATEGORÍA

O Deportivo ABANCA B venceu á SD Eibar B (0-3) e, a falta dunha xornada para o final logrou a permanencia matemática en Segunda Federación na súa primeira temporada na categoría.Con este resultado, suma 28 puntos na 10ª posición por 22 o Real Avilés Industrial, antepenúltimo e xa descendido.Este fito fala de carácter, de crecemento e dunha ambición que non entende de límites.Foi un camiño esixente, de aprendizaxe constante, de competir cada partido con valentía fronte a rivais con experiencia. Pero As Nosas nunca deixaron de crer, de loitar.Na Cidade Deportiva eibarresa, o Dépor ABANCA B recolleu o froito de todo ese traballo silencioso que se constrúe día a día.Esta permanencia non é só un obxectivo cumprido. É unha declaración de futuro. É a proba de que ANOSACANTEIRA, que festexa tamén o ascenso do Fabril a Primera Federación, segue crecendo con forza, de que o compromiso e o talento teñen un lugar firme neste proxecto.Foron baixa Lucía Rivas e Redru, que estiveron concentradas coa selección española sub-19 na Rolda 2 de clasificación para o Campionato de Europa.Iso si, Brais Pombo puido contar con futbolistas en dinámica do primeiro equipo como Paula Novo ou Carmen.Despois dunha primeira parte sen goles no marcador, Jenny Corros abriu o marcador aos 53 minutos.Pouco despois, no minuto 61, Karla aumentou a vantaxe e a propia dianteira sentenciou no minuto 84.Deportivo ABANCA B: Antía Veiga, Sara Barreda, Paula Novo, Carmen (Noe Mayo, min. 89), Sara Cercido (Claudia Sande, min. 74), Sonsoles, Lucía Mariño, Daniela Valbuena (Laura Otero, min. 89), Karla, Laura Ruiz e Jenny Corros (Yanis Citoula, min. 89)O vindeiro domingo 26 de abril ás 12:00 o Deportivo ABANCA B pecha a liga no Dépor Training Center ante o Sporting de Gijón.Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido -2-) - Madrid CFF B 1Bizkerre Club 0 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 4 (Carmen, Laura Otero, Michi Apóstol e Laura Ruiz) - Atlético de Madrid C 1Real Avilés Industrial 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Michi Apóstol)Deportivo ABANCA B 1 (Redru) - Real Sociedad B 2RC Celta 1 - Deportivo ABANCA B 0Real Racing Club 1 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 0 - SD Eibar B 4Sporting de Gijón 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Laura Ruiz -2-)Deportivo ABANCA B 1 (Laura Ruiz) - Athletic Club B 2Deportivo ABANCA B 0 - Olímpico de León 3Atlético Villalonga FF 0 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 0 - Burgos CF 1Atlético de Madrid C 0 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 1 (Jenny Corros) - Bizkerre Club 6Real Sociedad B 5 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 1 - Real Racing Club 0Madrid CFF B 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Jenny Corros e Carmen)Deportivo ABANCA B 2 (Karla -2-) - Real Avilés Industrial 2Athletic Club B 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Karla -2-)Olímpico de León 2 - Deportivo ABANCAB 2 (Daniela Valbuena -2-)Deportivo ABANCA B 1 (Daniela Valbuena) - As Celtas 2Burgos CF 1 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 6 (Jenny Corros, Daniela Valbuena -2-, Laura Ruiz e Karla -2-) - Atlético Villalonga FF 0SD Eibar B 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Jenny Corros e Karla -2-)