
DÉPOR ABANCA · 14 XULLO 2025
O DÉPOR ABANCA INCORPORA O TALENTO OFENSIVO DE MARISA GARCÍA
María Luisa García Antolín (Madrid, 22 de xuño de 2006), coñecida futbolísticamente como Marisa García, converteuse en nova xogadora do Dépor ABANCA cedida esta temporada a expensas de superar as pertinentes probas médicas.Procede da canteira do Real Madrid CF, onde se formou como futbolista desde categoría cadete após os seus primeiros pasos no San Agustín e o Madrid CFF.Debutou en Liga F na temporada 2021-22, sendo a autora de 2 asistencias.O nova ariete deportivista foi nomeada mellor xogadora xuvenil na temporada 2023-24 e destacou na final do campionato ante o Barça ao anotar os 2 goles.As dúas últimas temporadas, a dianteira branquiazul formou parte do cadro do Real Madrid B.En Segunda Federación na temporada 2023-24 Marisa García participou en 26 partidos, 25 deles como titular, e marcou 21 goles.A campaña pasada (2024-25) en Primera Federación FutFem xogou 26 partidos, 16 deles como titular, e anotou 6 goles.Marisa García é internacional española sub-17.

Antía Veiga arrinca este martes 5 de maio ante Finlandia o Ca...

O Dépor iniciou este luns 4 de maio unha semana curta de trab...

Manu Ferreiro, deportivista até 2029

Á venda as entradas para o Dépor - FC Andorra do domingo 17 d...

Fran Alonso: "Aquí ninguén déixase ir, aquí as vacacións son ...

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con claro triunfo este ...