
DÉPOR · 6 OUTUBRO 2025
O DÉPOR COMEZA ESTE MARTES A PREPARAR A VISITA DO DOMINGO 12 DE OUTUBRO A LA ROSALEDA
O Dépor, este luns 6 de outubro con xornada de descanso, comezará este martes 7 de outubro a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao Málaga CF prevista para este domingo 12 de outubro ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) na Rosaleda.Os resultados da última xornada, co empate en ABANCA-RIAZOR ante a UD Almería, manteñen a Os Nosos na primeira posición con 16 puntos, os mesmos que o Real Racing Club.Antonio Hidalgo disporá de 4 adestramentos matinais no Dépor Training Center e o do sábado 11 vespertino na localidade malagueña de Cártama.Están fóra os internacionais David Mella, concentrado con España sub-20 no Mundial de Chile; e Lucas Noubi, con Bélxica sub-21 para dúas eliminatorias clasificatorias para o Campionato de Europa sub-21.A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Martes 7 de outubro10:30 h., Dépor Training CenterMércores 8 de outubro10:30 h., Dépor Training CenterXoves 9 de outubro10:30 h., Dépor Training CenterVenres 10 de outubro10:30 h., Dépor Training CenterSábado 11 de outubro18:00, CártamaDomingo 12 de outubro21:00: Málaga CF - Deportivo, en La Rosaleda


O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...

O xuvenil deportivista Nico Balbas xogará con Honduras sub-20...