
DÉPOR · 10 FEBREIRO 2026
O DÉPOR PON RUMBO ESTE MÉRCORES AO ESTADIO SKYFI CASTALIA ANTE UN RIVAL "EN MOI BOA FORMA"
O Dépor goza dunha merecida xornada de descanso previa a retomar os adestramentos este mércores 11 de febreiro a partir das 10:30 no Dépor Training Center.O encontro do Dépor do pasado domingo ante o Albacete Balompié en ABANCA-RIAZOR, cuxos mellores momentos podes ver debaixo destas liñas, pechouse como o segundo partido do curso no que o equipo percorreu máis metros, cun total de 123.496 metros acumulados.Este rexistro volve pór en valor o esforzo, a intensidade e o traballo colectivo do equipo durante todo o encontro.O único partido que supera esta cifra nesta liga foi o disputado ante o Real Valladolid, tamén en ABANCA-RIAZOR, no que o Dépor alcanzou os 125.192 metros, o maior rexistro da temporada até o momento.
Os resultados da última xornada deixaron a Os Nosos en 3ª posición de LaLiga Hypermotion con 43 puntos.Antonio Hidalgo ten previsto 4 sesións de traballo no Dépor Training Center previas ao partido deste domingo 15 de febreiro ás 21:00 no Estadio SkyFi Castalia, retransmitido en directo por LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas.Na zona mixta do pasado domingo en ABANCA-RIAZOR, Riki, un dos futbolistas con máis experiencia na categoría, apunta que o conxunto castellonenco está "en moi boa forma. Sabemos que vai ser moi difícil, iso está claro".O novo centrocampista branquiazul, no entanto, lembra que "somos o Dépor e hai que ir alí a gañar".Finalmente sostén que "temos un cadro moi bo. Veño aquí a axudar desde onde me toque. O día que me toque facelo desde dentro pois desde dentro e cando non me toque axudar ao compañeiro a que o faga o mellor posible. Hai un obxectivo común que é moi importante e iso está por encima de todo".A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Mércores 11 de febreiro10:30 h.Xoves 12 de febreiro10:30 h.Venres 13 de febreiro10:30 h.Sábado 14 de febreiroPendente de determinarDomingo 15 de febreiro21:00: CD Castellón - Deportivo, no Estadio SkyFi Castalia


A UD Carral, primeiro rival do Orzán SD Xuvenil na Primera Au...

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, con amigable do San ...

Massimo Adalberto Benassi fixa como obxectivo "conseguir outr...

Suave sesión de activación este martes para o Dépor no seu re...

Parte médico de Manu Serrano

O Dépor ABANCA - RCD Espanyol, fixado para o 27 de setembro á...