
DÉPOR · 20 ABRIL 2026
O DÉPOR SUMA 3 PUNTOS EN ABANCA-RIAZOR ANTE O CD MIRANDÉS "PARA SEGUIR PELEXANDO POR TODO ATÉ O ÚLTIMO MOMENTO"
O Dépor superou (3-1) ao CD Mirandés, con remontada incluída, este luns 20 de abril en ABANCA-RIAZOR no partido que pechaba a 36ª xornada en LaLiga Hypermotion.Con este resultado, Os Nosos recuperan a segunda posición na táboa con 64 puntos, os mesmos que a UD Almería (3º)."Isto vai estar igualado até o último día. Temos que estar preparados para isto", alertou Antonio Hidalgo, que cualifica estes 3 puntos como "moi importantes para seguir pelexando por todo até o último momento"Perdeuse o encontro por lesión David Mella, que segue co seu proceso de recuperación; mentres que Bil foi o representante de ANOSACANTEIRA.O técnico deporivista introduciu respecto ao partido da pasada fin de semana en Huesca un cambio por liña: Noubi por Barcia en defensa; Riki por Villares no mediocentro; Yeremay por Stoichkov no centro do campo; e Bil por Mulattieri en ataque.Aos 12 minutos Yeremay conduce unha contra, cede á súa dereita a Altimira que, practicamente só ante a meta Juanpa cruza demasiado o esférico.As ocasións sucedíanse. Dous minutos máis tarde Mario Soriano mete un gran pase a Luismi pero a vaselina do gaditano ante Juanpa márchase fóra por pouco."Fixemos unha primeira media hora moi boa, con oportunidades suficientes para porche por diante", apuntou o técnico deportivista.Pasado o arreón inicial os rojillos lograron equilibrar o xogo.Así Ferllo salvou o primeiro tanto do CD Mirandés nunha acción que culminou Javi nun disparo de socato.Case á xogada seguinte, o colexiado do encontro, o madrileño Álvaro Moreno, anulou un gol a Bil por fóra de xogo de Yeremay, o autor do pase. O árbitro nin o revisou no VAR.No 31, Bauza pesca un balón solto na área deportivista e o seu disparo estrélase na cepa do poste esquerdo da portería do Dépor.Por momentos o partido era un ida e volta.No minuto 39, Ferllo equivócase á hora de protexer un balón e comete penalti sobre Unax, que lle roubou a pelota e encaraba a portería.O colexiado ensinou a amarela á meta deportivista no medio das protestas do CD Mirandés, que pedía a vermella, porque ao estar o balón en xogo non existe o dobre castigo (pena máxima e expulsión).O ex deportivista Carlos Fernández non perdoa e estrea o marcador.Mesmo tivo tempo o propio dianteiro andaluz para estrelar un balón na cruceta da meta deportivista, aínda que con 0-1 chegouse ao descanso."Puideron aumentar a vantaxe e temos que aprender sobre iso", admitiu o preparador branquiazul.Após o paso polos vestiarios chegou o definitivo arreón deportivista."Falamos de ter máis calma, dos momentos de facer a presión que sexan os oportunos e se non xuntarse un pouco máis, cun pouco máis de pausa no último terzo", desvelou o adestrador do Dépor ante os medios de comunicación.Empatou Mario Soriano ao culminar unha xogada individual e superar por baixo a Juanpa. Corría o minuto 49.Pouco despois, en pleno retumbar de ABANCA-RIAZOR, o árbitro sinala penalti de Medrano sobre Altamira, ratificado minutos despois no VAR.Yeremay engana a Juanpa e asina a provisional remontada.O Dépor amplía a vantaxe no minuto 71 grazas a unha xogada persoal de Yeremay que mete atrás a Bil, que cruza o balón o xusto para que Juanpa non poida chegar.Antonio Hidalgo empeza a mover o banco. Stoichkov e Villares suplen a Yeremay e Luismi.O CD Mirandés, en plena batalla por non caer a Primera Federación, vaise arriba con todo.Forza varios córneres, un deles, directo, golpea no traveseiro da portería do Dépor aínda que, a xuízo de Antonio Hidalgo "estabamos cómodos".Os minutos de desconto foron intensos.Unax remata de tacón un centro desde a dereita, Ferllo saca como pode e Altimira derruba a Pablo Pérez, que se aprestaba a recoller o rexeite.O colexiado sinala penalti pero o gardameta deportivista esta vez adiviña a intención de Javi e detén a pena máxima. Aquí morreuse o partido aínda que si o Dépor desperdiciou algunha contra sobre todo nos pés de Eddahchouri."Álvaro puido parar o penalti e tivemos algo máis de tranquilidade", conclúe Antonio Hidalgo.Deportivo: Ferllo, Ximo Navarro, Lucas Noubi, Loureiro, Quagliata, Riki (Jose Ángel, min. 84), Mario Soriano (Cristian Herrera, min. 88), Yeremay (Stoichkov, min. 75), Altimira, Luismi Cruz (Villares, min. 75) e Bil (Eddahchouri, min. 84)CD Mirandés: Juanpa, Hugo Novoa, Medrano, Thiago (Ali Houary, min. 75), Carlos Fernández (Siren Diao, min. 84), Cabello, Bauza (Aarón, min. 88), Juan G., Javi, El Jebari (Pablo Pérez, min. 84) e UnaxÁrbitro: Álvaro Moreno, do comité madrileño. Amoestou a Ferllo (min. 39), Lucas Noubi (45+1), Javi (min. 48), Maras (min. 58), Hugo Novoa (min. 64) e Siren Diao (min. 90)Goles: 0-1 Carlos Fernández (min. 42); 1-1 Mario Soriano (min. 49); 2-1 Yeremay (min. 58); 3-1 Bil (min. 71)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 24.146 espectadores.


Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...