
DÉPOR · 15 XANEIRO 2026
O DÉPOR TRABALLA CONTRA A FATIGA NUNHA EXTENUANTE SEMANA CONFIANDO EN QUE "TODOS OS QUE PARTICIPARON O OUTRO DÍA ESTEAN DISPOÑIBLES AO 100% PARA O SÁBADO"
O Dépor traballa contrarreloxo contra a fatiga nunha extenuante semana xa completados dous esixentes partidos ante un favorito ao ascenso (UD Las Palmas) e ante un grande do fútbol español (Atlético de Madrid), e cun desprazamento incluído de 3.600 quilómetros.Nunha mañá fría e chuviosa, o corpo técnico dispuxo un repaso ás accións a balón parado, un xogo de posición e unha tarefa final de remates a portería.Todo o cadro exercitouse sobre o céspede.Antonio Hidalgo, en rolda de prensa esta mesma mañá, admitiu que os futbolistas con máis minutos seguen "bastante cansos. Certo é que dun partido a outro temos 4 días e nese cuarto día o futbolista recuperaría perfectamente. Confíamos en que todos os que participaron o outro día bastantes minutos estean dispoñibles ao 100% para o sábado", para o choque ante a UD Almería ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) no UD Almería Stadium.Nesta liña, subliñou que Sergio Escudero "está preparado para xogar".Despois de ser convocado o lateral zurdo o pasado martes na Copa del Rey e mesmo quentando na banda no transcurso da segunda metade, o técnico deportivista explicou que "tiñamos a posibilidade da prórroga e non sabiamos canto tempo podía estar dispoñible. Non queriamos correr ese risco. O partido púxose como se puxo para sacar outro dianteiro".

En canto a Ximo Navarro, o preparador deportivista reitera que é "unha cuestión máis de confianza. Esa lesión está curada pero son lesións complicadas e tamén hai que ver a parte de confianza do futbolista".Bil e Noé foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.De Noé, Antonio Hidalgo afirmou que ante o Atlético "saíu nun momento que non é fácil. Deunos esa continuidade con balón. É un 8 que xoga máis ás costas do que poida xogar outro futbolista nesa posición. Ten unha condución brutal que elimina rivais. Está connosco adestrando. Cada día está a entender máis o que queremos del aínda así temos que seguir empuxando e facerlle ver situacións con e sen balón. Estou contento co rendemento de Noé".Este venres 16 de xaneiro, Os Nosos adestraranse ás 8:45 no Dépor Training Center. Nada máis concluír, a expedición branquiazul viaxará a Almería, vía Málaga, nun voo que despegará do Aeroporto da Coruña a media mañá.


Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Nsongo Bil, citado por primeira vez por Camerún para 3 partid...

O Dépor regresa este martes 8 de setembro ao traballo e lembr...

Alberto Rodríguez cre que o Dépor ABANCA fixo en Tenerife «un...

Luismi: "O grupo está mentalizado nunha cousa e imos por bo c...

Primeiro partido de Marisa García e Ainoa Gómez no Mundial su...