
FUNDACIÓN · 16 XUÑO 2025
O DÉPORCAMPUS CABREIROÁ 2025 PASA POR SANTA COMBA ESTE MES DE XULLO POR SEGUNDO ANO
O Dépor Campus Cabreiorá 2025 pasa por Santa Comba na que será a súa 2ª edición.O acto de presentación desta sede desenvolveuse no campo de fútbol da Fontenla.Asistiron Alberto Romar, Alcalde de Santa Comba; Sergio Prego, Presidente do Xallas FC; Bruno Prego, adestrador do primeiro equipo e coordinador de fútbol base; Lucía Fernández, adestradora do Alevín A; Jorge Quintáns, Coordinador de fútbol base; Alejandro Vidal, Responsable da Fundación RC Deportivo; e Sergio Maurente, Coordinador do Programa Local da Fundación RC Deportivo.A actividade, en colaboración co Xallas FC, desenvolverase nunha única quenda do luns 7 de xullo ao venres 11.O prazo de inscrición para esta sede en está aberto até o 1 de xullo ás 14:00.Santa Comba é un dos 19 emprazamentos distribuídos ao longo das 4 provincias galegas que acollen a principal actividade social do RC Deportivo que chega a través da Fundación.Tamén está aberto o prazo de inscrición en para o resto de sedes dos DéporCampus Cabreiroa 2025 excepto para Bertamiráns, o Colexio Santa María del Mar e Abegondo, xa esgotados.Este ano 2025 desenvolveranse, para participantes desde os 6 aos 14 anos (é dicir os nados de 2011 a 2019 incluídos), entre finais do mes de xuño e principios de agosto, independentemente do nivel de práctica ou experiencia futbolística.Abegondo, Bertamiráns, Boiro, Caranza, Cee, Cuntis, Monforte, Ourense, Santa Comba, Sarria, Silleda, Terras de Maside, Vila de Marín e Zas; ás que este ano 2025 súmanse Lugo, Cedeira, Vilalba, Sada e o colexio Santa María del Mar son as localizacións nas que se desenvolverá a actividade en diferentes semanas do tres meses de verán.Poden acollerse a descontos as nenas e nenos que participasen en edicións anteriores dos DéporCampus Cabreiroá e da Escola RC Deportivo; os socios ou accionistas do RC Deportivo; xogadores do Club; familias numerosas ou con máis dun membro en paro; familias que inscriban a máis dun fillo; e fillos e fillas de empregados de empresas colaboradoras de cada sede.Os DéporCampus Cabreiroá empregan o método Dépor, impartido por adestradores do Club; e baseado no respecto polo rival, o xogo limpo e o esforzo.Toda a información sobre cada sede, quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase en , onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto.Así mesmo, os interesados en quendas que estean esgotados poden anotarse nunha lista de espera. Para iso deben mandar un correo a [email protected] cos seguintes datos: Nome e apelidos do participante, teléfono, correo electrónico e quenda/s semanal/ais nos que está interesado.

Diego Villares renova polo Dépor ata 2028

Monforte súmase aos DéporCampus por décimo ano

Empate de Uruguai, con Espe Pizarro no once inicial, ante Ven...

O Deportivo reforza o seu proxecto en Primera División con Ol...

Inês Pereira, a pesar de caer en Finlandia, ascende con Portu...

Damián Canedo seguirá de branquiazul até 2028