
DÉPOR · 15 DECEMBRO 2025
O DEPORTIVO, A "COMPETIR CON TODO" ESTE MARTES 16 ÁS 19:00 EN COPA EN ABANCA-RIAZOR ANTE UN RCD MALLORCA QUE VÉN TAMÉN "CON TODO"
Menos de 72 horas do último partido de liga ante a Real Sociedad B, o Deportivo enfróntase ao RCD Mallorca nos dezaseisavos de final da Copa del Rey, a partido único, este martes 16 de decembro ás 19:00 (Movistar +) en ABANCA-RIAZOR.Ante os baleares Os Nosos vólvense a enfrontar en competición oficial a un equipo de Primera División desde o 20 de maio de 2017, no que o rival foi a UD Las Palmas en ABANCA-RIAZOR.Nesta edición de Copa o Dépor apeou en primeira rolda ao UD Sámano de Segunda Federación (1-4) e ao CE Sabadell FC de Primera Federación (0-2).Estes dous partidos supuxeron ademais o debut de até 5 canteiráns en partido oficial co primeiro equipo: Pablo García e Fabi en Castro Urdiales; e Samu, Damián Canedo e Bil na Nova Creu Alta.Antonio Hidalgo subliña que "o rival é importante, vén a casa. Imos competir con todo".O técnico deportivista fala de "máxima ilusión. Gañámonos o dereito de traer un equipo de Primera a ABANCA-RIAZOR e estar nunha terceira rolda que facía tempo que non estabamos".Iso si, asegura que tamén hai "moita traquilidad tamén pensando no partido do sábado (ás 14:00 en Andorra), que é o máis importante para nós".O Dépor realizou esta tarde a única sesión de preparación do partido da que dispuxo Antonio Hidalgo.Após unha activación houbo un exercicio táctico no campo 2.Escudero está con adestramento personalizado; mentres que Daniel Bachmann e Ximo Navarro fan tarefas co grupo.Hugo Ríos, Quique Teijo, Noé, Bil e o defensa xuvenil Xabi Campos (na foto da noticia) foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Pola súa banda, o RCD Mallorca, que a pasada fin de semana derrotou en liga ao Elche CF por 3-1, é 14º na táboa con 17 puntos.O conxunto de Jagoba Arrasate eliminou nesta edición da Copa en primeira rolda ao Atlétic Sant Just FC (0-2) e en segunda rolda ao CD Numancia de Soria (2-3).A última vez que se viron as caras ambos os equipos en ABANCA-RIAZOR foi o 20 de xuño de 2019 no partido de ida do play off final de ascenso a Primera División. Naquela ocasión venceron Os Nosos por 2-0.Jagoba Arrasate lembrou que o Dépor "está en ascenso directo. Respectamos moito ao Dépor pero temos moita ilusión tamén".Apunta que a última vitoria "hanos insuflado tamén esa autoestima, esa alegría. E imos con todo porque pensamos que podemos necesitar todo".Finalizado o encontro, Os Nosos encaran a recta final da última semana de competición de 2025 que concluirá o sábado 20 de decembro ás 14:00 en Andorra.O plan de traballo é o seguinte:Martes 16 de decembro19:00 (Copa del Rey): Deportivo - RCD Mallorca, en ABANCA-RIAZORMércores 17 de decembro10:30 h.Xoves 18 de decembro10:30 h.Venres 19 de decembro10:00 h.Sábado 20 de decembro14:00: FC Andorra - Deportivo, no Nou Estadi Encamp


Nova semana de parón ligueiro no Dépor ABANCA pero xa coa ilu...

Aberta a opción para que abonados e abonadas deportivistas de...

Os Nosos regresan este martes 12 de maio ao Dépor Training Ce...

O Dépor Genuine disputou en Vilagarcía a segunda xornada de '...

Vitoria do Orzán SD Infantil A en Caldas no único partido des...

Resultados dun fin de semana en ANOSACANTEIRA que conclúe est...