
CANTERA · 15 ABRIL 2026
O FABRIL FC BENXAMÍN ABRE ESTE XOVES 16 DE ABRIL NA UNIVERSIDADE LABORAL O CALENDARIO DE PARTIDOS DE ANOSACANTEIRA
O partido entre Atlético Coruña Montañeros CF e o Fabril FC Benxamín (na foto principal da noticia), este xoves 16 de abril ás 18:00 no campo da Universidade Laboral abre o calendario de partidos de ANOSACANTEIRA.Ambos os equipos chegan ao choque igualados na 5ª praza con 57 puntos.O encontro adiántase debido á participación do conxunto fabrilista na Costa de la Luz Champions Cup que se disputa a fin de semana en Huelva.O venres 17 xógase outro encontro en ANOSACANTEIRA. No Dépor Training Center o Alevín mídese ás 19:30 ao ED Luis Calvo Sanz na 9ª xornada do Trofeo Luis Calvo de fútbol 11.Os branquiazuis buscan a súa 9ª vitoria consecutiva á fronte da táboa.Xa o sábado 18 de abril está previstos 6 encontros.O Cadete e Infantil visitan ao Arosa SC (12:00 e 18:00 respectivamente) e o San Tirso SD Cadete en Vigo á UD Santa Mariña (12:30).Na Torre dispútanse outros 2 choques: o Alevín A ante o ED Luis Calvo Sanz (10:00) e o Benxamín A, campión da Primeira Futgal A Coruña, ante o Santa Cruz CF (13:00).Pola súa banda, Ponte dos Brozos acolle o Atlético Arteixo - Fabril FC Alevín ás 10:00 horas.O domingo 19 de abril compiten o Fabril e os dous equipos xuvenís.O filial deportivista visita ás 17:00 ao Salamanca CF UDS co título de campión e o ascenso á Primera Federación conseguido a pasada fin de semana en ABANCA-RIAZOR ante a UD Ourense, partido cuxos mellores momentos podes ver ao pé destas liñas.En rolda de prensa, Manuel Pablo cre que "é un traballo que non é só meu. Empeza desde que eles son nenos".Pola súa banda, Ismael Arilla, Director de Fútbol Formativo, apuntou que "é un triunfo dunha idea, dun modelo, da aposta do Club en canto a instalacións, a medios, a crenza".
Ás 12:00 o Xuvenil A mídese ao Bansander en San Juan de Monte e o Xuvenil B ao RC Celta B no campo Arsenio Iglesias en #ONOSODERBI da Liga Nacional.No equipo de Miguel Figueira Mauro Valeiro acaba de ser citado pola selección española sub-17 para dous amigables ante Ucraína en Córdoba, que servirán de preparación para o Campionato de Europa da categoría.O calendario de partidos é o seguinte:Segunda Federación32ª xornada: SALAMANCA CF UDS - FABRIL, o domingo 19 de abril ás 17:00 en El HelmánticoClasificación: 1. Fabril, 66 puntos; 2. Oviedo Vetusta, 55 puntos... 6. Salamanca CF UDS, 47 puntos...Categoría xuvenil28ª xornada: BANSANDER - XUVENIL A, o domingo 19 de abril ás 12:30 no campo San Juan de Monte (Cantabria)Clasificación: 1. RC Celta, 69 puntos; 2. Xuvenil A, 64 puntos; 3. Sporting de Gijón, 53 puntos... 7. Bansander, 35 puntos...30ª xornada: XUVENIL B - RC CELTA B, o domingo 19 de abril ás 12:00 no campo Arsenio IglesiasClasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 82 puntos; 2. Xuvenil B, 71 puntos; 3. Ural Español CF, 59 puntos...Categoría cadete27ª xornada: AROSA SC - CADETE, o sábado 18 de abril ás 12:00 no campo Manuel Jiménez Abalo (Vilagarcía)27ª xornada: UD SANTA MARIÑA - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 18 de abril ás 12:30 en Cotogrande (Vigo)Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 71 puntos; 2. RC Celta, 70 puntos; 3. San Tirso SD Cadete, 43 puntos; 4. Arosa SC, 41 puntos... 13. UD Santa Mariña, 26 puntos...Categoría infantil30ª xornada: AROSA SC - INFANTIL, o sábado 18 de abril ás 18:00 no campo Manuel Jiménez Abalo (Vilagarcía)30ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - URAL ESPAÑOL CF, o domingo 19 de abril ás 12:00 no MonteClasificación da División de Honra: 1. Infantil (xa campión), 73 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 60 puntos... 5. CD Calasanz, 41 puntos; 6. San Tirso SD Infantil e CD Conxo Santiago, 39 puntos; 8. AJ Lérez e Racing de Ferrol, 35 puntos; 10. Ural Español CF, 34 puntos...Categoría alevín9ª xornada: ALEVÍN - ED LUÍS CALVO SANZ, o venres 17 de abril ás 19:30 no Dépor Training CenterClasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Alevín, 24 puntos; 2. CD Lugo, 21 puntos... 8. ED Luis Calvo Sanz, 11 puntos...28ª xornada: ALEVÍN A - ED LUÍS CALVO SANZ, o sábado 18 de abril ás 10:00 na Torre (campo 2.2)28ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 18 de abril ás 10:00 en Ponte dos BrozosClasificacion da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A, 76 puntos; 2. Victoria CF, 70 puntos; 3. Fabril FC Alevín, 69 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF, 64 puntos... 7. ED Luis Calvo Sanz, 46 puntos... 12. Atlético Arteixo, 23 puntos...Categoría benxamín28ª xornada: BENXAMÍN A - SANTA CRUZ CF, o sábado 18 de abril ás 13:00 na Torre (campo 2.2)28ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - FABRIL FC BENXAMÍN, o xoves 16 de abril ás 18:00 no campo de fútbol da Universidade LaboralClasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 81 puntos; 2. CD Calasanz, 68 puntos... 4. Ural Español CF, 61 puntos; 5. Fabril FC Alevín e Atlético Coruña Montañeros CF, 57 puntos; 7. Victoria CF, 49 puntos... 10. Santa Cruz CF, 32 puntos...Costa de la Luz Champions CupSábado 18 de abrilPrimera Fase15:00: FABRIL FC BENXAMÍN - FUENGIROLA ATHLETIC CLUB CD17:00: CONCELLO ALJARAQUE SD - FABRIL FC BENXAMÍN19:00: FABRIL FC BENXAMÍN - SAN LORENZO ATLÉTICOEn función da clasificación, os equipos pasan a Fase Final.


Antía Veiga, de novo no once inicial de España, non puido con...

O RC Deportivo convoca o I Foro Social do Club

Un Dépor ABANCA "moi ben de enerxía, de ganas, de fame" cítas...

O Dépor ABANCA viaxa este venres 8 de maio por estrada a Bilb...

Fran Alonso: "Sentímonos con confianza, sentímonos ben, coas ...

Antonio Hidalgo: "Isto vai de estar vivos sempre, de estar vi...