RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Fabril suma un punto ante o Real Avilés "nun partido moi disputado con poucas alternativas de cara a porta"

DÉPOR FABRIL · 23 MARZO 2025

O FABRIL SUMA UN PUNTO ANTE O REAL AVILÉS "NUN PARTIDO MOI DISPUTADO CON POUCAS ALTERNATIVAS DE CARA A PORTA"

O Fabril concluíu este mediodía en Abegondo cun empate sen goles ante o Real Avilés Industrial unha intensa semana na que ademais houbo vitorias en Guijuelo (domingo 16) e en Santiago (mércores 19), neste caso en partido aprazado no mes de xaneiro polo temporal correspondente á 20ª xornada."Foi un partido moi disputado con poucas alternativas de cara a porta, con moito ritmo, moito control", declarou Manuel Pablo na rolda de prensa pospartido.Con este resultado, o filial é 5º na táboa da Segunda Federación con 44 puntos.Debido a que era o terceiro partido da semana, Manuel Pablo fixo varios cambios no once respecto ao do pasado mércores coa entrada de Alberto, Marotías, Carreira, Fabi, Bil e no lateral dereito Mario Hermo, un futbolista xuvenil que mesmo esta semana se adestrou co primeiro equipo.O partido empezou con ritmo e cos dous equipos mirando á área rival aínda que sen ocasións claras.O primeiro disparo con intención foi para Manu Ferreiro aos 20 minutos. O centrocampista xuvenil, autor dun dos goles da temporada o pasado mércores en Santiago ante a SD Compostela, métese na área favorecida por un rebote e xuta moi alto ante a meta Álvaro.A seguinte, á media hora, tamén foi fabrilista. Bil peitea un saque de falta lateral lanzada por Manu Ferreiro. O balón foise rozando o pau esquerdo da meta asturiana.Con moita pelexa no mediocampo chegouse ao descanso.Após o paso polos vestiarios, o partido arrincou coa mesma tónica: máxima igualdade."Na segunda parte custounos máis. Poida que pasounos factura o partido do mércores. Non eramos capaces de saír rápido. Vía cansazo. Polo menos competimos até o final" declarou o preparador fabrilista.Manuel Pablo tratou de cambiar o ritmo coa entrada de Guerrero por Mane e de Kevin, autor dos dous tantos do partido en Avilés, por Fabi.A mellor ocasión do partido foi para Guerrero, que se plantou só ante Álvaro. O canteirán estrelou o balón no corpo do porteiro do Real Avilés Industrial.Dous minutos antes, o colexiado Adrián Veiga Portilla anulou un gol a Bil por fóra de xogo. O ariete fabrilista recibiu ao espazo un gran pase de Kevin.O partido acabou con aproximacións de ambos os equipos aínda que sen oportunidades claras. "Non tivemos moitas situacións de gol. Defenderon bastante ben. É un rival con bos xogadores, xogadores fortes que gañan duelos", concluíu Manuel Pablo.A próxima fin de semana, a Fabril visita ao Coruxo FC.Fabril: Alberto, Mario Hermo, Damián Canedo, Marotías, Íker Vidal, Carreira (Jaime Garrido, min. 66), Alfaro, Mane (Guerrero, min. 58), Manu Ferreiro (Luisao, min. 66), Fabi (Kevin Sánchez, min. 58) e Bil (Darío Germil, min. 84)Real Avilés Industrial: Álvaro F., Soler, Jose, Babin, Osky, Mecerreyes (Edu Cortina, min. 70), Gete, Isi Ros (Nico Fernández, min. 46), Santamaría (Natalio, min. 84), Javi Cueto (Momoh, min. 80) e Alarcón (Davo, min. 46)Árbitro: Adrián Veiga Portilla do comité cántabro. Amoestou a Roberto Alarcón (min. 13), Isi Ros (min. 45), Soler (min. 62), Carreira (min. 63) e José Martínez (min. 76). Expulsou ao adestrador do Real Avilés Industrial, Javi Rozada, no minuto 86Incidencias: partido correspondente á 28ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación. Nos prolegómenos, o Real Avilés Industrial entregou un brazalete ao Fabril como homenaxe aos 25 anos do título de liga de Primera División conquistado polo RC Deportivo.