
DÉPOR · 20 DECEMBRO 2025
O PARTIDO DO DÉPOR ABANCA ANTE A REAL SOCIEDAD, DECLARADO "DÍA DÉ..." A SOLIDARIEDADE
O partido do Dépor ABANCA en ABANCA-RIAZOR deste domingo 21 de decembro ás 12:00 ante a Real Sociedad (TVG) foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." A Solidariedade.Por medio desta proposta, destinaranse prazas do Palco de Honra do Estadio a representantes de colectivos que promoven valores como a empatía, o respecto, a cooperación e o compromiso con quen máis o necesitan.O RC Deportivo, con este xesto, chama á reflexión sobre a importancia de apoiarnos mutuamente e de traballar xuntos para construír unha sociedade máis xusta e inclusiva.En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.

Arnau Comas ve o vestiario "moi convencido do que está a face...

Rodrigue Dipanda sumouse este xoves a un cadro do Dépor que "...

Calendario de ANOSACANTEIRA que arrinca este venres 15 no Dép...

Antía Veiga, convertida nun pilar da selección española sub-1...

Paula Gutiérrez: "Podemos escalar posicións e o equipo está c...

Nsongo Bil insiste tras recoller o Premio Estrella en "tentar...