
DÉPOR · 3 OUTUBRO 2025
O PARTIDO DO DÉPOR ANTE A UD ALMERÍA, DECLARADO "DÍA DÉ..." OS NOSOS MAIORES
O partido do Dépor en ABANCA-RIAZOR deste sábado 4 de outubro ás 16:15 ante a UD Almería foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." Os Nosos Maiores.Por medio desta proposta, destinaranse prazas do Palco de Honra do Estadio a representantes das residencias da Coruña e a súa comarca, responsables do coidado dos nosos maiores: Elisa Picón, ASDEN Residencia Xeriátrica, Residencia de Maiores de Oleiros, DOMUSVI Coruña, BALLESOL Oleiros, RAIOLA Oleiros, EMERA Oleiros, Residencia para Maiores de Arteixo e COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.

O Dépor ABANCA Alevín conclúe a primeira fase do Torneo LaLig...

Resultados deste venres en ANOSACANTEIRA; con triunfos do Ale...

Nsongo Bil, presente e futuro branquiazul ata 2030

A participación do Dépor ABANCA Alevín desde este venres 12 n...

O DéporCampus de Cee, nos renovados campos de Sampaio de Refo...

Nova semana de torneos en ANOSACANTEIRA e de entrega do trofe...