
DÉPOR · 18 ABRIL 2026
O PARTIDO DO DÉPOR ANTE O CD MIRANDÉS, "DÍA DÉ..." O COIDADO DA NOSA TERRA
O partido do Dépor ante o CD Mirandés deste luns 20 de abril ás 20:30 horas en ABANCA-RIAZOR foi declarado polo RC Deportivo como "Día DÉ..." O Coidado da Nosa Terra, facéndoo coincidir co 22 de abril, Día Mundial de la Madre Tierra.Esta data convida a deternos, mirar ao noso ao redor e lembrar que o verdadeiro fogar non ten paredes: é o planeta que pisamos, respiramos e sentimos.O Dépor move paixóns, une corazóns e crea comunidade. Ademais, o fútbol e o Dépor son un altofalante para algo aínda máis grande: o coidado da nosa terra.Cada xesto conta, cada acción suma e cada voz pode marcar a diferenza.Con todo iso, o Club quere que este partido non sexa só un resultado no marcador, senón un compromiso nas nosas vidas, un respecto polo que nos rodea.En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...