
FUNDACIÓN · 7 AGOSTO 2025
O PROXECTO DO DÉPOR GENUINE CHEGA AOS NENOS E NENAS DO CAMPAMENTO DG DA MAN DA FUNDACIÓN RC DEPORTIVO
A Fundación Real Club Deportivo continúa reforzando o seu compromiso coa inclusión e a sensibilización social a través de iniciativas enmarcadas na súa folla de ruta. Nesta liña, dous representantes do Dépor Genuine, Xosé Marquina e Alexandra López, que estiveron acompañados por parte do corpo técnico do equipo, participaron nunha charla sobre deporte e diversidade funcional na Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte en Bastiagueiro (Oleiros).A actividade estivo dirixida aos nenos, nenas e monitores do campamento DG (Deportegestión), que desenvolve o seu programa de verán na facultade. Durante a sesión, os representantes do Dépor Genuine compartiron a súa experiencia como deportistas con diversidade funcional, pondo en valor o papel integrador do deporte e a importancia de derrubar barreiras a través do coñecemento e o respecto.A charla converteuse nun espazo de aprendizaxe e reflexión para os máis novos, que mostraron gran interese e participación. Abordáronse temas como a superación persoal, o traballo en equipo e o impacto do deporte na construción dunha sociedade máis inclusiva.Este tipo de accións reflicten o propósito da Fundación RC Deportivo de utilizar o fútbol e o deporte como ferramentas de transformación social, xerando espazos de encontro onde a diversidade sexa celebrada e comprendida.


Teun Gijselhart afirma que "Aubameyang é un exemplo para todo...

Vilalba, próxima parada do Dépor este verán

Sen goles no Carlos Tartiere de Oviedo no segundo amigable do...

O Dépor ABANCA B xa está en marcha

O Dépor ABANCA gozará dun domingo de descanso antes de inicia...

O RC Deportivo presenta a súa terceira equipación 2026-27, un...