
CLUB · 11 DECEMBRO 2025
O RC DEPORTIVO ACTIVA A PRERRESERVA DE ENTRADAS PARA A VISITA AO FC ANDORRA DO SÁBADO 20 DE DECEMBRO ÁS 14:00
O RC Deportivo habilita a prerreserva de entradas para o partido do sábado 20 de decembro ás 14:00 horas no Nou Estadi Encamp ante o FC Andorra, correspondente á 19ª xornada de LaLiga Hypermotion.O conxunto andorrano puxo a disposición do RC Deportivo un total de 200 entradas, das cales o 40% serán xestionadas e vendidas pola Federación de Peñas (80), e o resto a través do Club (120).As localidades teñen un prezo de 25 euros e quedan limitadas a 2 localidades por abonado. Para realizar a xestión, o abonado deberá acceder á web .A prerreserva poderase realizar desde a publicación desta nota e até o sábado 13 de decembro ás 21:00No caso de que houbese máis abonados en prerreserva que entradas dispoñibles, realizarase un sorteo, cuxo resultado se comunicará aos abonados agraciados o luns 15 de decembro; e notificaráselles a forma de pago e como recibir as entradas.As localidades que non fosen retiradas o martes 16 ás 18:00 horas serán asignadas aos suplentes que se designarán, así mesmo, no sorteo realizado. O prazo límite para a retirada das entradas será o mércores 17 de decembro ás 18:00.Por conseguinte, non haberá venda física de entradas na OAD para este encontro.Será obrigatorio presentar o abono e o DNI do abonado.

Dous grupos de traballo este luns 18 de maio no Dépor Trainin...

Eddahchouri ve o Dépor como un "gran equipo" e Villares recal...

Antonio Hidalgo: "Estamos facendo un traballo brutal pero hai...

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B subca...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo co...

Os Nosos adéstranse este luns 18 de maio ás 10:30 no Dépor Tr...