
DÉPOR · 4 ABRIL 2025
O RC DEPORTIVO PARTICIPOU NUN ACTO DE ABANCA EN SÃO PAULO QUE REUNIU Á COMUNIDADE EMPRESARIAL GALEGA
Este xoves 3 de abril o RC Deportivo participou nun acto institucional de ABANCA, patrocinador principal do Club, consistente na apertura dunha sucursal na cidade de São Paulo.O evento, ao que asistiron Jan Wappler, director corporativo do Club, e Alejandro Vidal, responsable da área internacional, reuniu á comunidade empresarial galega na urbe brasileira.Tomaron parte Pedro Raúl López Jacome, conselleiro de ABANCA; Alfonso Caruana, director xeral de Negocio Internacional; Ramón Lourido Hijano, Director de Negocio Non Residente; e José Luis Nogueira, Director ABANCA Brasil; así como tamén varios representantes de ABANCA.Ademais estivo presente o consul xeral de España en São Paulo, Pablo Montesino-Espartero, a Chefe de Secretaria do Consulado de España en São Paulo, Laura Revilla e unha gran variedade de representantes dentro da comunidade empresarial galega en São Paulo.A apertada axenda da expedición deportivista incluíu visitas ao Sport Club Corinthians, á Sociedade Esportiva Palmeiras e á Portuguesa FC São Paulo, coas que se pechou esta xira 'DÉ x Brasil'.Anteriormente os representantes branquiazuis estableceron contactos co Clube de Regatas do Flamengo, o Botafogo de Futebol e Regatas e o Club de Regatas Vasco da Gama.

Fernando Soriano advirte que "non imos precipitarnos en ningú...

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...