
JUVENIL A · 5 FEBREIRO 2026
O XUVENIL A MÍDESE AO CD TENERIFE NO ESTADIO HELIODORO RODRÍGUEZ LÓPEZ NOS CUARTOS DE FINAL DA COPA DO REI
O Estadio Heliodoro Rodríguez López é o escenario elixido polo CD Tenerife para albergar o partido dos cuartos de final da Copa del Rey xuvenil ante o Deportivo.A eliminatoria, a partido único, xogarase o mércores 11 de febreiro ás 18:00 (hora local, 19:00 en Galicia).Os pupilos de Miguel Figueira apearon en dezaseisavos de final ao Sporting Hortaleza (3-1) e en cuartos ao Rayo Vallecano (4-1), ambos os partidos no campo Arsenio Iglesias.Pola súa banda, o CD Tenerife superou en dezaseisavos ao Sporting de Gijón (3-2) e en oitavos de final ao CD Leganés en Butarque nunha longa quenda de penaltis após empate (1-1) ao final do tempo regulamentario e da prórroga.

Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...

Inês Pereira foi titular este venres 9 ante Irlanda do Norte ...

"Temos que medrar para seguir competindo ben nesta categoría"...

Antonio Hidalgo, respecto ás baixas, advirte que «tamén hai x...