
DÉPOR · 6 XULLO 2026
OS NOSOS ENCARAN A SÚA PRIMEIRA SEMANA DE TRABALLO DESDE ESTE LUNS 6, CON PROBAS MÉDICAS ENTRE O DÉPOR TRAINING CENTER E O HOSPITAL HM MODELO
Os Nosos inician este martes 7 de xullo os adestramentos no Dépor Training Center cunha primeira sesión a partir das 17:00.Antes, concretamente este luns 6, os futbolistas citados sometéronse no Dépor Training Center aos exames médicos rutineiros (analíticas...) a cargo do doutor Alejandro Mejuto, xefe dos Servizos Médicos do RC Deportivo; e ás diferentes valoracións físicas.A continuación, por grupos, os xogadores desprazáronse ao Hospital HM Modelo.No centro médico de referencia do RC Deportivo, as probas consistiron nun electrocardiograma e nun ecocardiograma, supervisado polas cardiólogas Eugenia Vázquez e Ana Álvarez, acompañadas polo director médico de HM Hospitales en Galicia, Pablo Asensio.O desenvolvemento destas probas supón un dos primeiros fitos da colaboración entre o RC Deportivo e HM Hospitales, un acordo que permitirá ao RC Deportivo contar co respaldo do Hospital HM Modelo, un centro sanitario cun equipo multidisciplinar de profesionais, tecnoloxía diagnóstica avanzada e servizos asistenciais orientados ao coidado integral da saúde dos seus xogadores e xogadoras.Antonio Hidalgo dispuxo esta primeira semana de pretemporada de 6 sesións de traballo ata o sábado 11 incluído, con dobre sesión o xoves 9.
A planificación, sempre susceptible de sufrir cambios, é a seguinte:Martes 7 de xullo17:00Mércores 8 de xullo10:00Xoves 9 de xullo10:00 e 17:00Venres 10 de xullo10:00Sábado 11 de xullo10:00Os futbolistas citados son os seguintes: Germán Parreño, Adrià Altimira, Arnau Comas, Lucas Noubi, Dani Barcia, Charlie Patiño, Diego Villares, Zakaria Eddahchouri, Yeremay Hernández, David Mella Giacomo Quagliata, Eric Puerto, Ricardo Rodríguez 'Riki', Miguel Loureiro, Teun Gijselhart, Luismi Cruz, Jose Ángel Jurado, Mario Soriano, Ximo Navarro, Álvaro Ferllo, Leo Román, Samu Fernández, Bil Nsongo, Noé Carrillo, Kevin Sánchez, Adrián Guerrero e Xabi Campos.

Segundo amigable confirmado do Fabril, o sábado 1 de agosto a...

Vega Montesinos, polivalencia para o carril zurdo do Dépor AB...

O Dépor e BMW unen os seus camiños ata 2028 nunha alianza est...

Este luns 6 de xullo arrinca o Dépor 2026-27 coas probas médi...

Lucía Rivas e Redru clasificáronse con España para as semifin...

Andrea Tarazona reforza a portería do Dépor ABANCA