
DÉPOR ABANCA · 6 XULLO 2026
VEGA MONTESINOS, POLIVALENCIA PARA O CARRIL ZURDO DO DÉPOR ABANCA
Vega Montesinos Berasategui (Murcia, 29 de agosto de 2005) é nova xogadora do Dépor ABANCA. A futbolista murciana incorpórase á disciplina branquiazul até xuño de 2028, con opción de ampliar o seu contrato, para reforzar a banda esquerda grazas á súa versatilidade, xa que pode desempeñarse tanto como lateral como en posicións máis adiantadas.Montesinos chega procedente do Alhama CF ElPozo, club ao que se incorporou na temporada 2024-25 tras completar a súa formación nas categorías inferiores do Real Murcia Féminas.Na pasada campaña, xa na Liga F, disputou 18 encontros e asinou 3 goles co conxunto murciano. Un curso antes fora unha peza importante no ascenso do Alhama CF ElPozo á máxima categoría, participando en 13 partidos e anotando un tanto en Primera Federación.Cos seus 22 anos, Vega Montesinos aterra na Coruña despois de demostrar a súa capacidade para adaptarse a distintas posicións no flanco esquerdo e achegar tanto solidez defensiva como profundidade en ataque.A súa incorporación súmase ás xa anunciadas de Andrea Tarazona, Daniela Caracas, Eva Alonso e Marisa García, que a pasada tempada militou como cedida polo Real Madrid CF; así como ás renovacións de Lucía Rivas, Paula Redruello, Merle Barth, Paula Novo e Espe Pizarro.Con todo iso, o Dépor ABANCA continúa perfilando o seu cadro de xogadoras de cara á próxima tempada.

Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...

Inês Pereira foi titular este venres 9 ante Irlanda do Norte ...

"Temos que medrar para seguir competindo ben nesta categoría"...

Antonio Hidalgo, respecto ás baixas, advirte que «tamén hai x...