
DÉPOR · 2 XUÑO 2025
PABLO MARTÍNEZ SENTE "ORGULLOSO DE DEIXAR ESTA IMAXE" E JAIME É "DO DÉPOR PARA SEMPRE"
Pablo Martínez e Jaime Sánchez pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR após o enfrontamento ante o Elche CF.O central hispano-francés confesa que "se me caeron un par de bágoas" coa homenaxe que recibiu nos prolegómenos do partido. O franco-español vaise "orgulloso ao deixar esta imaxe miña" e confesa que atopou unha familia no Dépor. A pesar de que non foi o mellor partido está seguro de que "xogamos contra un grandísimo equipo e hai que darlle o parabén polo ascenso".Por último, Pablo Martínez desexa a mellor das sortes ao Dépor e asegura que "necesita estar en Primera e co traballo do presidente, iso será deica pouco".
Doutra banda, Jaime Sánchez, após oficializar a súa saída, reseña que "foron catro anos incribles" os que viviu na Coruña e recoñece que será "do Dépor para sempre".Está "agradecido" ao Club pola homenaxe, que "che axuda a saír con máis motivación". No entanto, lle entristece recoñecer que no seu último partido "non estivemos á altura".Finalmente, o futbolista andaluz reitera que sente "súper emocionado e súper orgulloso de estar aquí" e desexa que o ano que vén "o Dépor volva con enerxía os que teñan a sorte estar e seguro que vai ser un ano bonito".

Celebrado o primeiro Foro Social do RC Deportivo; un espazo d...

A deportivista Marisa, citada para uns adestramentos coa sele...

O RC Deportivo e a Fundación RC Deportivo impulsan o seu proc...

Primeira sesión da semana do Dépor coa enerxía posta unicamen...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

O FC Barcelona, a SD Eibar e o SL Benfica serán os rivais do ...