
CANTERA · 6 AGOSTO 2025
RACING DE FERROL E FABRIL REPÁRTENSE UN TEMPO PARA CADA UN NO PARTIDO QUE ABRE A SEMANA DE AMIGABLES EN ANOSACANTEIRA
Nova semana de pretemporada para ANOSACANTEIRA con dobre cita para o Fabril, torneo en Santiago para o Xuvenil A e primeiro amigable para o Xuvenil B.Así, o filial enfrontouse ao Racing de Ferrol este mércores 6 en Narón.Ambos os equipos repartíronse un tempo.Foi mellor o Fabril na primeira metade, que acabou con triunfo provisional branquiazul por 0-2 con tantos de Nájera e Malick.Após o descanso, reaccionou o Racing de Ferrol e impuxo a súa pegada para levar o partido por 3-2.Primeira parte: Brais Suárez, Quique Teijo, Aarón, Malick, Pablo Parada, Jaime Garrido, Noé, Nájera, Guerrero, Martín Ochoa e Héctor AreosaSegunda parte: Hugo Ríos, Mario Hermo, Vilela, Adrián V., Hugo Torres, Dani Estévez, David Carreira, Fabi, Dipanda, Martín Ochoa e DomínguezO filial arrincou o calendario de pretemporada cun empate (2-2) o pasado venres ante o CD Arenteiro de Primera Federación.A próxima cita para o Fabril será este sábado 9 de agosto en Arzúa ás 11:30 ante a SD Compostela.En canto ao resto de categorías, o Xuvenil A participa no Torneo Unindo Camiños que se xoga a fin de semana en Santa Isabel (Santiago de Compostela).Os rivais na Primera Fase dos branquiazuis, en partidos de 25 minutos de duración, son o Pontevedra CF, Atlético de Madrid, SD Compostela e Arosa SC.Finalmente o Xuvenil B, que arrincou a pretemporada o pasado venres, xoga o seu primeiro amigable en Muxía ante o conxunto local sénior que milita en Primera Autonómica. Será este venres 8 ás 19:15.O calendario de amigables desta semana, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Segunda FederaciónRACING DE FERROL 3 - FABRIL 2 (Nájera e Malick)SD COMPOSTELA - FABRIL, o sábado 9 de agosto ás 11:30 no campo de O Viso (Arzúa)Categoría xuvenilTorneo Unindo Camiños, en Santa Isabel (Santiago)Primera FaseSábado 9 de agosto10:00: XUVENIL A - PONTEVEDRA CF11:00: ATLÉTICO DE MADRID - XUVENIL A12:00: SD COMPOSTELA - XUVENIL A13:00: XUVENIL A - AROSA SCOs dous primeiros do grupo pasan a semifinais, que se xogan o domingo 10SD MUXÍA (Primera Autonómica) - XUVENIL B, o venres 8 de agosto ás 19:15 no campo de Arliña (Muxía)

Fernando Soriano advirte que "non imos precipitarnos en ningú...

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...