
CANTERA · 9 NOVEMBRO 2025
RESULTADOS DA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA FEMININA, Á ESPERA DO PARTIDO DO ORZÁN SD INFANTIL A O MÉRCORES EN CULLEREDO
Este domingo 9 de novembro xogáronse 3 encontros en ANOSACANTEIRA feminina.En casa, concretamente na Torre, o Orzán SD Sub-21 (na foto da noticia) non puido (0-1) co PM Friol.As orzanistas, con 11 puntos, son sétimas na Tercera Federación.Fóra, o Orzán SD Xuvenil perdeu co Victoria CF B (5-0) e o Orzán SD Infantil B empatou co UD Cerqueda (0-0).A visita do Deportivo ABANCA B ao Sporting de Gijón, este sábado 8 de novembro en Mareo, foi o encontro máis destacado en ANOSACANTEIRA feminina.As branquiazuis recuperaron a senda do triunfo (0-2) con dobrete de Laura Ruiz.Participaron no filial 2 futbolistas que tiveron minutos en Copa de la Reina o pasado mércores co primeiro equipo, como Lucía Rivas e Redru.Tamén este sábado 8 o Orzán SD Cadete venceu na Torre (3-0) ao SCD Milagrosa e aférrase ao liderado do grupo 1º da Liga Galega.Finalmente, o partido da 6ª xornada no grupo 1º da Liga Galega entre o Sporting Burgo e o Orzán SD Infantil A xogarase o mércores 12 de novembro a partir das 18:30 no campo da Lavandeira en Culleredo.Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Segunda Federación9ª xornada: SPORTING DE GIJÓN 0 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Laura Ruiz -2-)Tercera Federación7ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 0 - PM FRIOL 1Primera Autonómica8ª xornada: VICTORIA CF B 5 - ORZÁN SD XUVENIL 0Liga Galega cadete6ª xornada: ORZÁN SD CADETE 3 (Marta Moreno -2- e Lara Vázquez) - SCD MILAGROSA 0Liga Galega infantilGrupo 1º, 6ª xornada: SPORTING BURGO - ORZÁN SD INFANTIL A, o mércores 12 de novembro ás 18:30 no campo da Lavandeira (Culleredo)Grupo 2º, 6ª xornada: UD CERQUEDA 0- ORZÁN SD INFANTIL B 0

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Adestramento intenso para os futbolistas que non foron titula...

Alberto Rodríguez quere que o triunfo ante o Granada CF «nos ...

José María Giménez: "Soño con facer unha temporada moi boa e ...

Antonio Hidalgo: "O equipo ten un gran compromiso, unha gran ...

Parte médico de Marc Casadó