
CANTERA · 12 OUTUBRO 2025
RESULTADOS DA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA FEMININA, CON VITORIA DO ORZÁN SD SUB-21 E DERROTA DO ORZÁN SD XUVENIL ESTE DOMINGO
Este domingo 12 de outubro xogáronse dous encontros en ANOSACANTEIRA feminina.O Orzán SD Sub-21 (na foto da noticia) venceu ao Domaio FC (2-4) e ascende á 5ª praza da Tercera Federación; e o Orzán SD Xuvenil de Primera Autonómica non puido co CD Arenteiro (2-1) e queda con 6 puntos na 10ª praza.A atención da fin de semana estivo na visita do Deportivo ABANCA B ao RC Celta este sábado 11 de outubro na Madroa, en partido correspondente á 6ª xornada en Segunda Federación.Causou baixa nas Nosas a gardameta internacional Antía Veiga, concentrada coa selección española sub-17 para o Mundial de Marrocos que arrinca a próxima semana.O partido decidiuse cun gol céltico no minuto 93 que castigou en exceso un bo traballo das branquiazuis.Tamén este sábado 11 xogaron en Liga Galega o Orzán SD Cadete ante o Silva SD (8-0); e a infantís fronte ao Racing de Ferrol (4-4) e AD Cristo Rey (1-1).Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Segunda Federación6ª xornada: RC CELTA 1 - DEPORTIVO ABANCA B 0Tercera Federación4ª xornada: DOMAIO FC 2 - ORZÁN SD SUB-21 4 (Daniela Macedo, Laura Tubío, Claudia Sande e Ángela Cotelo)Primera Autonómica4ª xornada: CD ARENTEIRO 2 - ORZÁN SD XUVENIL 1 (Carolina Lago)Liga Galega cadete2ª xornada: ORZÁN SD CADETE 8 (Alba García, Carla Miranda, Aldara Ferreira, Lola Freire, Daniela Barbanzán -2- e Marta Moreno -2-) SILVA SD 0Liga Galega infantilGrupo 1º, 2ª xornada: RACING DE FERROL 4 - ORZÁN SD INFANTIL 4 (Inés Neira, Daniela Mingo, Lara Vázquez e María López-Perales)Grupo 2º, 2ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 1 (Sasha Abigail) - AD CRISTO REY 1

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...

O xuvenil deportivista Nico Balbas xogará con Honduras sub-20...