RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, este domingo 19 con triunfo e salvación do Dépor ABANCA B

CANTERA · 19 ABRIL 2026

RESULTADOS EN ANOSACANTEIRA FEMININA, ESTE DOMINGO 19 CON TRIUNFO E SALVACIÓN DO DÉPOR ABANCA B

O partido do Dépor ABANCA B ante a SD Eibar B, este domingo 19 de abril na cidade deportiva eibarresa, foi o partido máis destacado en ANOSACANTEIRA feminina.O triunfo por 0-3 das Nosas significou a permanencia matemática na categoría unha temporada máis.O filial chega así ao final dun camiño esixente, de aprendizaxe constante, de competir cada partido con valentía fronte a rivais con experiencia.En Eibar foron baixa Lucía Rivas e Redru, que estiveron concentradas coa selección española sub-19 na Rolda 2 de clasificación para o Campionato de Europa.Completaron a xornada do domingo 19 o triunfo por 5-0 do Orzán SD Sub-21, coa permanencia en Tercera Federación no peto, ante a SD O Val e a derrota (0-3) do Orzán SD Xuvenil ante o EFF Rosalía.Este sábado 18 xogaron as cadetes e infantís.O Orzán SD Cadete superou (9-0) ao CD Narón en San Pedro de Visma e o Orzán SD Infantil A igualou (0-0) con As Celtas na Fase polo Título.Finalmente o Orzán SD Infantil B dobregou (1-2) no campo da Tasca ao ED Xuventú Aguiño na Fase Plata da Liga Galega.Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Segunda Federación25ª xornada: SD EIBAR B 0 - DEPORTIVO ABANCA B 3 (Jenny Corros e Karla -2-)Tercera Federación21ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 5 (Dunia Dahmouni, Daniela Macedo, Laura Tubío -2- e Ángela Cotelo) - SD O VAL 0Primera Autonómica25ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 0 - EFF ROSALÍA 3Liga Galega cadete23ª xornada: ORZÁN SD CADETE 9 (Aldara Ferreira, Telma García, Valentina Fernández, Daniela Arrojo -2-, Lorena Anastase, Daniela Barbanzán, Alba García e Antía Losada) - CD NARÓN 0Liga Galega infantilFase polo Título, 3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 0 - AS CELTAS 0Fase Plata, 3ª xornada: SD XUVENTÚ AGUIÑO 1 - ORZÁN SD INFANTIL B 2 (Sasha Abigail e Claudia García)