
CANTERA · 18 ABRIL 2026
RESULTADOS ESTE SÁBADO EN ANOSACANTEIRA E CALENDARIO DESTE DOMINGO 18, CO FABRIL EN SALAMANCA E ONOSODERBI NA LIGA NACIONAL
Este domingo 19 de abril compiten o Fabril e os dous equipos xuvenís.O filial deportivista visita ás 17:00 ao Salamanca CF UDS co título de campión e o ascenso á Primera Federación, conseguido a pasada fin de semana en ABANCA-RIAZOR ante a UD Ourense.Na rolda de prensa previa, Manuel Pablo asegura que o filial vai presentar "un bloque competitivo porque os rapaces adestraron moi ben".Os salmantinos, que veñen de derrotar en Segovia á Gimnástica (0-1), xóganse o entrar no play off de ascenso.Ás 12:00 o Xuvenil A mídese ao Bansander en San Juan de Monte e o Xuvenil B ao RC Celta B no campo Arsenio Iglesias en #ONOSODERBI da Liga Nacional.No equipo de Miguel Figueira Mauro Valeiro acaba de ser citado pola selección española sub-17 para dous amigables ante Ucraína en Córdoba, que servirán de preparación para o Campionato de Europa da categoría.Completa a xornada do domingo 19 o encontro do San Tirso SD Cadete en Cotogrande ante o UD Santa Mariña (12:30 horas).Este sábado 18 de abril xogáronse 5 encontros.O Cadete (na foto principal da noticia) e Infantil venceron ao Arosa SC (0-3 e 0-7 respectivamente).Na Torre disputáronse outros 2 choques, resoltos con vitorias: o Alevín A ante o ED Luis Calvo Sanz (4-0) e o Benxamín A, campión da Primera Futgal A Coruña, ante o Santa Cruz CF (9-1).Pola súa banda, Ponte dos Brozos acolleu o Atlético Arteixo 1 - Fabril FC Alevín 6.

Este venres 17 xogouse un novo encontro en ANOSACANTEIRA. No Dépor Training Center o Alevín impúxose por 5-1 ao ED Luis Calvo Sanz na 9ª xornada do Trofeo Luis Calvo de fútbol 11.Os branquiazuis lograron a súa 9ª vitoria consecutiva á fronte da táboa.O partido entre Atlético Coruña Montañeros CF e o Fabril FC Benxamín, este xoves 16 de abril no campo da Universidade Laboral abriu o calendario de partidos.Venceron os fabrilistas por 0-3.Con este resultado, o Fabril FC Benxamín suma 60 puntos asentado na 5ª posición da Primera Futgal A Coruña.O encontro adiántase debido á participación do conxunto fabrilista (na foto inferior) na Costa de la Luz Champions Cup que se disputa en Huelva.O calendario de partidos, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:Segunda Federación32ª xornada: SALAMANCA CF UDS - FABRIL, o domingo 19 de abril ás 17:00 en El HelmánticoCategoría xuvenilDivisión de Honra, 28ª xornada: BANSANDER - XUVENIL A, o domingo 19 de abril ás 12:30 no campo San Juan de Monte (Cantabria)Liga Nacional, 30ª xornada: XUVENIL B - RC CELTA B, o domingo 19 de abril ás 12:00 no campo Arsenio IglesiasCategoría cadeteDivisión de Honra, 27ª xornada: AROSA SC 0 - CADETE 3 (Nico Giovanni -2- e Anxo Castro)División de Honra, 27ª xornada: UD SANTA MARIÑA - SAN TIRSO SD CADETE, o domingo 19 de abril ás 12:30 en Cotogrande (Vigo)Categoría infantilDivisión de Honra, 30ª xornada: AROSA SC 0 - INFANTIL 7 (Yoel Darriba, Manu Sande, Hugo Macedo -2- e Santi Durán -3-)División de Honra, 30ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - URAL ESPAÑOL CF, o domingo 19 de abril ás 12:00 no Monte

Categoría alevínTrofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 9ª xornada: ALEVÍN 5 (Adrián Prieto, Adrián Liñares, Mateo Songo'o e Enzo Fernández -2-) - ED LUÍS CALVO SANZ 1Primera Futgal A Coruña, 28ª xornada: ALEVÍN A 4 (Enzo Fernández, Adrián Liñares, Leo Lorenzo e Mateo Songo'o) - ED LUÍS CALVO SANZ 0Primera Futgal A Coruña, 28ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO 1 - FABRIL FC ALEVÍN 6 (César Leira -2-, Marco Dios, Mateo Pastorín, Pablo Couso e Leo Galbán)Categoría benxamínPrimera Futgal A Coruña, 28ª xornada: BENXAMÍN A 9 (Nico Mariño -2-, Mateo Ramos -2-, Hugo Cancela -2-, Ian Lata -2- e Manu López) - SANTA CRUZ CF 1Primera Futgal A Coruña, 28ª xornada (xoves 16): ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Jaime Fraga -2- e Álex Martínez)Costa de la Luz Champions CupSábado 18 de abrilPrimera FaseFABRIL FC BENXAMÍN 5 (Álex Martínez -2-, Izan Mallón, Jaime Fraga e Tomás Lorenzo) - FUENGIROLA ATHLETIC CLUB CD 0CONCELLO ALJARAQUE SD 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Izan Mallón -2-, Jaime Fraga e Milan Songo'o)FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Mateo Songo'o -2-, Jaime Fraga -2-, Juan Crujeiras e Álex Martínez) - SAN LORENZO ATLÉTICO 0Domingo 19 de abrilOitavos de final16:00: FABRIL FC BENXAMÍN - ASOCIACIÓN DEPORTIVA LOS MARES


Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...