
CANTERA · 4 OUTUBRO 2025
RESULTADOS ESTE SÁBADO EN ANOSACANTEIRA FEMININA E CALENDARIO DESTE DOMINGO, CO DÉPOR ABANCA B - REAL SOCIEDAD B NO DÉPOR TRAINING CENTER
Este sábado 4 de setembro arrincaron con vitoria a competición na Liga Galega o Orzán SD Cadete, o Orzán SD Infantil e o Orzán SD Infantil B fronte ao Rápido de Neda, CD As Pontes e UC Cee respectivamente.Ademais, o Orzán SD Sub-21 (na foto da noticia) gañou na Tercera Federación ao Sárdoma CF por 3-0 e sitúase con 4 puntos na zona media da táboa.Para o domingo 5 quedan dous encontros.Ás 16:00 na Torre, o Orzán SD Xuvenil mídese ao SCD Pastoriza na 3ª xornada da Primera Autonómica.O prato forte será no campo Arsenio Iglesias do Dépor Training Center. Ás 17:00 o Dépor ABANCA B mídese á Real Sociedad B na 5ª xornada en Segunda Federación.As branquiazuis, con 10 puntos, ocupan a 2ª posición a 2 puntos do liderado.O Club activou o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do Dépor Training Center.Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 5 euros.O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Segunda Federación5ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - REAL SOCIEDAD B, o domingo 5 de outubro ás 17:00 no campo Arsenio IglesiasTercera Federación3ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 3 (Adelaida González, Claudia Sande e Daniela Macedo) - SÁRDOMA CF 0Primera Autonómica3ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SCD PASTORIZA, o domingo 5 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 2)Liga Galega cadete1ª xornada: SD RÁPIDO DE NEDA 0 - ORZÁN SD CADETE 10 (Sofía Asensio, Alba García -3-, Daniela Barbanzán -2-, Carolina Lago, Antía Losada, Aldara Ferreira e Nerea Cruz)Liga Galega infantilGrupo 1º, 1ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL 9 (Zoe Mahía -2-, María López-Perales -2-, María Anastase -2-, Vera Melki, Candela Vázquez e Inés Neira) - CD AS PONTES 0Grupo 2º, 1ª xornada: UC CEE 1 - ORZÁN SD INFANTIL B 2 (Carmen Méndez -2-)

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...

O xuvenil deportivista Nico Balbas xogará con Honduras sub-20...