RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Samu debuta como titular na selección española sub-19 con vitoria ante Australia

CANTERA · 18 DECEMBRO 2025

SAMU DEBUTA COMO TITULAR NA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-19 CON VITORIA ANTE AUSTRALIA

-Foto:Samuel Fernández Leonardo 'Samu' está concentrado coa selección española sub-19 con motivo da SBS International Cup de Xapón.O central deportivista disputou o seu primeiro partido do torneo ante Australia.Xogou completo un partido moi serio que supuxo o seu debut internacional e que ademais acabou en claro triunfo español por 3-0.A segunda cita de Samu será o sábado 20 de decembro ás 5:30 (hora galega, 13:30 hora local) ante a selección anfitrioa, Xapón.O choque poderase seguir nesta .O calendario de partidos de Samu, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Xoves 18 de decembroESPAÑA 3 - AUSTRALIA 0Sábado 20 de decembro13:30 (5:30 hora galega): XAPÓN - ESPAÑA, no Fujieda Sports Park StadiumDomingo 21 de decembro13:30 (5:30 hora galega): SELECCIÓN SHIZUOKA - ESPAÑA, no Estadio de KusanaguiSamu debutou co primeiro equipo en partido oficial o pasado xoves 4 de decembro na Nova Creu Alta ante o CE Sabadell FC.O defensor naronés adéstrase diariamente ás ordes de Antonio Hidalgo e leva 8 partidos xogados co Fabril de Segunda Federación, todos eles de titular.Samu únese así a outros futbolistas de ANOSACANTEIRA convocados tamén por este combinado nacional, como Mella, Kevin Sánchez ou Dani Barcia.