RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Samu proclámase coa selección española sub-19 campión da SBS International Cup de Xapón

CANTERA · 21 DECEMBRO 2025

SAMU PROCLÁMASE COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-19 CAMPIÓN DA SBS INTERNATIONAL CUP DE XAPÓN

-Foto:Samuel Fernández Leonardo 'Samu' (na foto de pé o primeiro futbolista de vermello empezando pola dereita) estivo concentrado coa selección española sub-19 con motivo da SBS International Cup de Xapón.Este domingo 21 de decembro, o canteirán do Dépor pon o punto e final á súa participación neste trofeo co seu partido ante a selección de Shizuoka.Titular no once español, proclamouse campión a pesar do empate sen goles (0-0) e vitoria posterior na quenda de penaltis por 2-4.O central deportivista seguiu desde o banco o segundo partido do combinado nacional ante a anfitrioa Xapón.Si foi titular Samu no primeiro encontro ante Australia.Xogou tamén completo un partido moi serio que supuxo o seu debut internacional e que ademais acabou en claro triunfo de España por 3-0.Os resultados de España sub-19 neste torneo foron os seguintes:Xoves 18 de decembroESPAÑA 3 - AUSTRALIA 0Sábado 20 de decembroXAPÓN 2 - ESPAÑA 4Domingo 21 de decembroSELECCIÓN SHIZUOKA 0 - ESPAÑA 0. Por penaltis: 2-4Samu debutou co Deportivo en partido oficial o pasado xoves 4 de decembro na Nova Creu Alta ante a CE Sabadell FC.O defensor naronés adéstrase diariamente ás ordes de Antonio Hidalgo e leva 8 partidos xogados co Fabril de Segunda Federación, todos eles de titular.Samu únese así a outros futbolistas de ANOSACANTEIRA convocados tamén por este combinado nacional, como Mella, Kevin Sánchez ou Dani Barcia.