
DÉPOR ABANCA · 6 NOVEMBRO 2025
SEGUNDO DESPRAZAMENTO DO DÉPOR ABANCA NESTA EXTENUANTE SEMANA DE MÁIS DE 6.650 QUILÓMETROS, ESTA VEZ A BARCELONA
O Dépor ABANCA afronta o segundo desprazamento nunha extenuante semana de competición.Se o pasado martes As Nosas viaxaban a Las Palmas de Gran Canaria (na foto da noticia posando co Guiniguada Apolinario CD), este sábado 8 de novembro farano a Barcelona para enfrontarse o domingo 9 de novembro ás 12:00 (Dazn) no Estadi Johan Cruyff ao Barça.Así pois, o conxunto branquiazul percorrerá en 6 días un total de 6.650 quilómetros.O desprazamento será desde o Aeroporto de Vigo o sábado pola tarde, con regreso o domingo á primeira hora da tarde.O plan de viaxe é o seguinte:Sábado 8 de novembro12:30: Adestramento no Dépor Training Center15:45: Saída do autocar a Vigo19:20: Saída do voo do Aeroporto de Vigo con destino ao Aeroporto de Barcelona - Josep Tarradellas21:40 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Barcelona - Josep Tarradellas e aloxamento no Hotel Sercotel Porta BarcelonaDomingo 9 de novembro12:00: FC Barcelona - Deportivo ABANCA, no Estadi Johan Cruyff16:40: Saída do voo do Aeroporto de Barcelona - Josep Tarradellas con destino ao Aeroporto de Vigo18:35 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Vigo e traslado á Coruña


Fernando Soriano advirte que "non imos precipitarnos en ningú...

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...