RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Segundo encontro de Marisa García coa selección española sub-20, este martes 3 de marzo ante México

DÉPOR ABANCA · 2 MARZO 2026

SEGUNDO ENCONTRO DE MARISA GARCÍA COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-20, ESTE MARTES 3 DE MARZO ANTE MÉXICO

Marisa García está concentrada coa selección española sub-20 na localidade alacantina de Alfaz del Pi.Durante este período están previstos 3 encontros amigables do combinado nacional.O segundo deles para a futbolista branquiazul será este martes 3 de marzo ás 12:00 ante México.O encontro será retransmitido polas canles oficiais da RFEF: páxina web, rede social X e canle oficial de YouTube.O primeiro encontro de España xogouse o pasado sábado 28 de febreiro ante Inglaterra.A dianteira do Dépor ABANCA foi titular e tardou tan só 3 minutos en marcar o primeiro gol do partido, ao aproveitar un balón solto na área pequena inglesa.Foi relevada por Elene Gurtubay no descanso.Venceu España por 3-1 nun resultado de moito mérito ante un rival moi potente.O calendario de partidos de Marisa, todos eles no Albin Garden Resort, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Sábado 28 de febreiroESPAÑA 3 - INGLATERRA 1Martes 3 de marzo12:00: ESPAÑA - MÉXICOVenres 6 de marzo11:00: ESPAÑA - PAÍSES BAIXOSMarisa, na súa primeira temporada no Dépor ABANCA, leva 17 partidos, 6 deles como titular; e anotou 1 gol.