
DÉPOR · 13 OUTUBRO 2025
SEGUNDO PARTIDO DE LUCAS NOUBI CON BÉLXICA SUB-21, ESTE MARTES 14 FRONTE A DINAMARCA
Lucas Noubi encara coa selección belga sub-21 o segundo dos dous partidos clasificatorios para o Campionato de Europa da categoría previstos nesta xanela de seleccións.Será este martes 14 de outubro ante Dinamarca ás 20:00 na localidade belga de Westerlo.No primeiro dos dous encontros, o pasado venres 10 de outubro no Estadio Rodney Parade en Newport, golearon os belgas por 0-7 a Gales.O futbolista do Dépor seguiu o xogo desde o banco e non chegou a saltar ao céspede.Bélxica suma 4 puntos no grupo I, os mesmos que Dinamarca e Austria.O calendario de partidos do defensor branquiazul, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Venres 10 de outubroGALES 0 - BÉLXICA 7Martes 14 de outubro20:00: BELGICA - DINAMARCA, en het Kuipje en Westerlo (Bélxica)Lucas Noubi participou en 2 partidos no que vai de Liga Hypermotion. Por esta citación de Bélxica Sub-21, o defensor branquiazul causou baixa na visita do Dépor ao Málaga CF deste pasado domingo 12 de outubro.

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...

O xuvenil deportivista Nico Balbas xogará con Honduras sub-20...