
DÉPOR · 9 OUTUBRO 2026
UN DÉPOR "CON GANAS DE COMPETICIÓN" ULTIMA OS DETALLES PARA O REGRESO Á LIGA
O Dépor ultimou este venres 9 de outubro os últimos detalles de cara ao choque deste domingo 11 de outubro ás 16:30 (Dazn) en Anoeta ante a Real Sociedad.Así, o cadro de xogadores comezou, tras unha activación, cun repaso ás accións de estratexia.Antonio Hidalgo dispuxo a continuación un exercicio táctico e unha tarefa de finalizacións nas que participaron todos os futbolistas agás Aubameyang, Marc Casadó e Zakaria Eddahchouri.Precisamente do dianteiro neerlandés falou Antonio Hidalgo na rolda de prensa previa ao partido: "Se chegades a ver como se produciu a lesión... Foi do xeito máis surrealista, por mor dun balonazo. Unha man estendida á que lle chega o balón e prodúcese. Non foi nada máis aparatoso". "Vai estar unhas cantas semanas fóra", advertiu.Os Nosos albiscan a competición despois de 14 días de parón ligueiro. "Temos ganas de competición. Foi un parón longo. Sabiamos que iamos ter máis tempo do habitual e pouco a pouco vaise achegando a competición", comentou ao respecto o preparador deportivista.

Noé, Kevin Sánchez e Martín Ochoa foron os representantes de ANOSACANTEIRA.«É moi probable que Kevin e Ochoa veñan connosco. Temos que ter recursos no banco para poder darlle a volta ao marcador en caso de necesitalo. Súmasenos o regreso de Noé. Dános máis posibilidades no centro do campo», explicou o adestrador do Dépor.Este sábado 10 de outubro Os Nosos adiantan a hora do adestramento, que comezará ás 10:00 en lugar de ás 10:30, posto que a expedición branquiazul viaxará a San Sebastián nun voo que despegará do Aeroporto da Coruña a primeira hora da tarde.

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor...

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina, con derbi para o Dépor ...

Convocatoria da Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas

O Orzán SD Infantil B xa coñece o seu calendario no grupo B d...

O Sporting Burgo, primeiro rival do Orzán SD Infantil A na Li...

El Orzán SD Cadete arranca a Liga Galega este sábado 10 de ou...




