
CANTERA · 9 OUTUBRO 2026
CALENDARIO EN ANOSACANTEIRA FEMININA, CON DERBI PARA O DÉPOR ABANCA B ESTE SÁBADO 10 EN VIGO
O derbi en Segunda Federación entre AS Celtas e o Dépor ABANCA B é o choque destacado da xornada en ANOSACANTEIRA feminina.O encontro, correspondente á 6ª xornada, está fixado para este sábado 10 de outubro ás 17:00 na Madroa.As Nosas, que veñen de derrotar por 3-0 ao CD Filial de Fundación CA Osasuna no campo Arsenio Iglesias, son segundas na táboa con 12 puntos.Pola súa banda, as viguesas, que caeron por 3-0 na súa visita ao Real Oviedo, son sextas con 8 puntos.No seu campo esta temporada, o conxunto celeste gañou ao Real Avilés Industrial (2-1) e ao CD Filial de Fundación CA Osasuna (5-0); e empatou co Sporting de Gijón (0-0).Dado que non hai Liga F esta fin de semana polo parón das seleccións nacionais, o técnico deportivista Aitor poderá contar coas futbolistas que habitualmente están na dinámica do primeiro equipo, como Carmen Carballada, Paula Hernández, Carla Casti (na foto principal da noticia) ou Karla Bermejo.En canto ao resto de categorías, o Orzán SD Sub-21, que marcha 7º na Tercera Federación, mídese o domingo 11 de outubro ás 16:00 na Torre ao Atlético San Pedro.A esa mesma hora e nese mesmo escenario, a Ciudad Deportiva de La Torre, o Orzán SD Juvenil de Primera Autonómica recibe ao Victoria FC B.Finalmente, tamén comezan a Liga Gallega as cadetes e infantís.O Orzán SD Cadete enfróntase o sábado 10 ás 10:30 no campo Víctor Fernández Alonso ao Sporting Cambre, mentres que o Orzán SD Infantil A mídese ao Sporting Burgo o domingo 11 ás 12:15 na Grela 1.Descansa o Orzán SD Infantil B nesta 1ª xornada.O calendario de partidos é o seguinte:Segunda Federación6ª xornada: AS CELTAS - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 10 de outubro ás 17:00 na MadroaClasificación: 1. Real Oviedo, 13 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 12 puntos; 3. SD Eibar B, 11 puntos... 6. As Celtas, 8 puntos...Tercera Federación5ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - ATLÉTICO SAN PEDRO, o domingo 11 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 2)Clasificación: ... 6. Victoria CF B, 8 puntos; 7. Orzán SD Sub-21, 7 puntos; 8. EFM Concello de Boiro e SD O Val, 6 puntos; 10. Atlético San Pedro, 4 puntos...Primera Autonómica5ª xornada: ORZÁN SD JUVENIL - VICTORIA FC B, o domingo 11 de outubro ás 16:00 na Torre (campo 1)Clasificación: 1. Muxía CF e Victoria FC B, 10 puntos; 3. Orzán SD Juvenil, 9 puntos; 4. SD Tordoia, 8 puntos...Liga Gallega cadete1ª xornada: ORZÁN SD CADETE - SPORTING CAMBRE, o sábado 10 de outubro ás 10:30 no campo Víctor Fernández AlonsoLiga Gallega infantilGrupo A, 1ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - SPORTING BURGO, o domingo 11 de outubro ás 12:15 na Grela 1

O Orzán SD Infantil B xa coñece o seu calendario no grupo B d...

O Sporting Burgo, primeiro rival do Orzán SD Infantil A na Li...

El Orzán SD Cadete arranca a Liga Galega este sábado 10 de ou...

Aubameyang confirma tras recoller o Premio Estrella Galicia q...

Lucas Noubi e José María Giménez xa adestraron este xoves cun...

O partido copeiro do Dépor ABANCA ante o CE Europa xogarase o...